MOCIÓN relativa ao respecto ao noso topónimo oficial en internet

Presentada para debate no Pleno Ordinario de febreiro 2018

MOCIÓN relativa ao respecto ao noso topónimo oficial en internet

Na actualidade Internet supón un espazo fundamental de socialización e ocupa un lugar cada día máis importante na vida das persoas ao ofertar cada vez máis servizos. Internet ofrece acceso a coñecementos, a medios de información de todo tipo, así como a comercio, entretemento e a redes sociais.

Infelizmente en moitas páxinas de uso cotián, e en redes sociais de uso moi popular o topónimo do noso concello aparece deturpado. Parécenos importante intentar mudar estas situacións que imaxinamos moitas veces son froito do descoñecemento da nosa realidade lingüística. Nese sentido o noso concello como institución debería ter unha actitude activa en dar a coñecer e solicitar o respecto ao noso topónimo oficial ás persoas responsábeis desas páxinas e redes.

En base ao exposto, o Grupo Municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte

A C O R D O

1.- O goberno municipal contactará cos/as responsábeis de todas as páxinas web e redes socias nas que se detecte o uso deturpado do noso topónimo e desenvolverá as actuacións necesarias dentro do seu ámbito de actuación para corrixir esa situación e lograr o respecto e uso do noso topónimo correcto e oficial.

MOCIÓN relativa ao respecto ao noso topónimo oficial en internet