Táboas nun derbi sen lugar na historia

descarga

Lucas Pérez no minuto 90 igualou o tanto de Maxi Gómez no inicio dun partido con pouco fútbol e orfo de intensidade

Táboas nun derbi sen lugar na historia

O derbi construíu a súa lenda a golpe de historias. De partidos épicos e de rivalidades infinitas, pero o vivido en Balaídos non formará parte da lenda nin terá un sitio no libro do fútbol. Simplemente pasará á historia porque por segunda vez desde a noite dos tempos uno dos dous chegaba descendido, neste caso o Deportivo. E o detalle, que non tiña nada de menor, unido a que o Celta tampouco tiña case nada en xogo, converteu a contenda nun birlo de primavera que parecía abocado a acabar en táboas por moito que os vigueses foron por diante ata o minuto 90.11

O Celta entrou ao campo cunha marcha máis. Maxi puido facer diana nada máis comezar, pero enseguida aproveitou unha licenza de Rubén nunha pésima saída para rematar de cabeza de costas á portería para marcar o 1-0. Pouco despois, o charrúa recibiu outro agasallo de Çolak e fixo o máis difícil, irse dun defensa, pero disparou ao vulto e o corpo de Rubén desviou a córner.

Cun pouco de presión alta e moito de control de balón, o partido era do conxunto vigués, pero os de Unzué fóronse contaxiando da tarde de chumbo, levantaron o pé do acelerador e permitiron a un Deportivo con pouco fútbol e menos alma ata entón, dar sinais de vida. Primeiro cunha sucesión de tres córneres e despois cun disparo envelenado de Guillherme, a quen ninguén tapou, que Sergio enviou a córner cunha plástica estirada.

O segundo tempo non aumentou as revolucións. Comezou co Deportivo dando un paso adiante e provocando unha parada de Sergio, pero o Celta en ningún momento tivo a sensación de abafo. Deixouse levar e aínda así, marcou o segundo, de Wass tras unha xogada de Pione Sisto, que o árbitro anulou por fóra de xogo.

Cos cambios, o Celta non foi capaz de pechar o partido e xa no minuto 90 Lucas Pérez aproveitou un descoido da zaga para asinar unhas táboas que alimentan máis a falta de alicientes a un partido que tivo máis retranca na bancada que fútbol no pasto.

Ficha técnica:

1. RC Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral , Sergi Gómez, Jonny; Lobotka, Wass (Roncaglia, min. 89), Jozabed; Brais (Pablo Hernández, min. 77); Sisto, Maxi Gómez (Aboiei, min. 62)

1. RC Deportivo: Rubén; Juanfran, Albentosa, Schär, Luisinho; Guillerme, Krohn-Dehli (Andone, min. 75), Borges; Çolak (Fede Valverde, min. 45), Adrian (Borja Vale, min. 60), Lucas Pérez

Goles: 1-0 Maxi Gómez, min. 12 ; 1-1 Lucas Pérez, min. 90

Árbitro: Do Cerro Grande (colexio madrileño). Amoestou a Maxi Gómez, Hugo Mallo, Aboiei e Sisto por parte do Celta ; a Luisinho e Schär por parte do Deportivo.

Incidencias: partido correspondente á trixésima sexta xornada da Liga Santander disputado no estadio municipal de Balaídos ante 20.816 espectadores. Gardouse un minuto de silencio antes do partido en memoria do ex xogador do RC Celta Abel Fernández.

©La Voz de Galicia

Táboas nun derbi sen lugar na historia