pide
Vídeo
O BNG da Pobra pide que se aclare a titularidade dun cruceiro instalado en terreo privado

O BNG da Pobra pide que se aclare a titularidade dun cruceiro instalado en terreo privado

O BNG da Pobra volve interesarse pola posta en valor do patrimonio do municipio. Desta volta, levarán a pleno unha moción o vindeiro xoves para esclarecer a titularidade deste cruceiro, que ata mediados dos oitenta estivo situado na rampla de San Lázaro. Con motivo das obras do peirao comercial, os nacionalistas denuncian que foi trasladado de xeito irregular a esta propiedade privada. Ademais de aclarar a titularidade deste elemento patrimonial, o BNG demanda a apertura dun expediente sobre o seu traslado e a súa recuperación para o catálogo de bens públicos do concello. Así mesmo, solicitan que se instale nunha zona pública para o disfrute de tódolos veciños.

Ler novas
Vídeo
O BNG pide destinar parte do remanente de 2017 a melloras na Ribeiriña 140618

O BNG pide destinar parte do remanente de 2017 a melloras na Ribeiriña 140618

Para os nacionalistas existe unha débeda histórica con esta zona amplamente degradada. O BNG trasladaralle no próximo pleno ó executivo de Nós Pobra a posibilidade de investir parte dos máis de 720 mil euros correspondentes ó remanente de tesourería de 2017 a diversas actuacións na Ribeiriña e no Conchido. Para os nacionalistas trátase dunha zona dende sempre esquecida polos distintos gobernos municipais. Segundo eles outras actuacións que poderian ir con cargo a este remanente de tesourería serían a construción dun parque infantil cuberto, a creación dun punto de encontro familiar, o acondicionamento da pista deportiva da antiga escola da Ponte Barbanza ou o arranxo do Polideportivo de Venecia. Suxerencias moitas delas que xa foran levadas a pleno polos nacionalistas e que, a pesar de seren aprobadas por unanimidade, aínda non foron executadas.

Ler novas