MUNICIPAL

1 de outubro: o martes da ignominia

O BNG da Pobra califica de antidemocrático, caciquil e cobarde a convocatoria do pleno extraordinario para aprobar dedicacións na sua ausencia.

Os nacionalistas non agocharon o seu malestar ante a situación vivida onte, cos seus dous concelleiros ausentes do Pleno tras ter renunciado ás suas actas o pasado xoves, Ramiro Ouviña e Cristina Andrade, actas que serán recollidas agora por Amparo Cerecedo e Javier Santos, pero que precisan dun período de tempo marcado pola Xunta Electoral de Noia e que pode extenderse ata os 100 dias.

1 de outubro: o martes da ignominia