Néstor Rego na Pobra. Mércores 9 de outubro

2019032512000976734
Néstor Rego na Pobra. Mércores 9 de outubro

Este mércores 9 de outubro estará na Pobra Néstor Rego, candidato do BNG ao Congreso dos deputados pola provincia da Coruña. Desenvolverá un encontro co colectivo de Pensionistas en Loita e outros sectores e posteriormente participará nunha asemblea aberta organizada polo BNG da Pobra ás 20:30 h no seu local ( CS A Trastenda, Zona comercial O Adro, rúa San Roque) aproveitade a ocasión para vir falar, preguntar, debater todo o que queirades con el.

No BNG enfrontamos o proceso electoral cara o 10N convencidos de que, co apoio desa maioría social cansa da discriminación con Galiza, imos recuperar a representación no Congreso, imos devolverlle a voz a Galiza. Xunto coa maioría consciente de que a solución os problemas do país non vai vir nin do bipartidismo de sempre nin do baile de siglas dunhas forzas estatais que demostraron ter un denominador común: de Galiza só lles interesan os votos. Ao BNG nos importa o país.

O 28A, tras duplicar votos, quedamos ás portas de obter representación, pero este 10N  témolo ao alcance da man, na punta dos dedos, porque estamos convencidas que a xente deste país tomou  boa nota do pasotismo con Galiza, tomou boa nota da inutilidade das forzas estatais que xogaron co seu voto, e vai apostar polo  BNG para ter unha voz propia en Madrid que defenda os seus intereses ante o Goberno do Estado.

A única maneira de cambiar ese guión é que o Goberno do Estado, nun momento no que se acabaron as maiorías absolutas, sexa condicionado por un partido coas mans libres para defender os intereses dos galegos e das galegas, que sexa condicionado por unha forza libre para facernos valer como país sen pedirlle permiso a ninguén, para construír unha Galiza cun futuro mellor na que vivir e traballar. Esa forza política foi, é e será sempre o BNG.

CANDIDATURA DO BNG AO CONGRESO POLA PROVINCIA DA CORUÑA

  1. Néstor Rego Candamil
  2. Mª Xosé Bravo Sanjosé
  3. Ramón Fernández Alfonzo “Mon”
  4. Silvia Pardo Galdo
  5. Miguel Pernas Cora
  6. Mª Montserrat Almozara Cordeiro
  7. Xosé Igrexas Lamela
  8. Mercedes Queixas Zas

SUPLENTES:

 
  1. Cristina López Sánchez
  2. Bruno Lopes Teixeiro
  3. Belén Lendoiro Esmorís
  4. Maruxa Martínez Romaní
  5. Pedro Pérez Traba

 

  1. María Pilar Veiga Ares
  2. Tania Fernández Iglesias
  3. Xoán Sande Muñiz
  4. Rocío da Igrexa Prego.
  5. Ramón Noceda Caamaño

 

 

 

Néstor Rego na Pobra. Mércores 9 de outubro