Néstor Rego reúnese coa representación do colectivo de pensionistas da Pobra

71885800_2148389105463512_8831890552417943552_n
Néstor Rego reúnese coa representación do colectivo de pensionistas da Pobra

No día de onte Néstor Rego, candidato do BNG - Bloque Nacionalista Galego ao Congreso, acompañado de Amparo Cerecedo Sánchez, portavoz municipal, e Rosana Pérez Fernández, mantivo unha reunión cunha representación do colectivo de Pensionistas en Loita da Pobra, dos que recolleu ás súas reivindicacións e propostas. Comprometeuse a que os votos dos deputados do BNG, importantes nun Congreso sen maiorías, serán sempre para asegurar a permanencia dun sistema público de pensións nas mellores condicións e que permita garantir a calidade de vida das persoas pensionistas e co obxectivo fundamental de eliminar a fenda nacional e de xénero que padecemos na Galiza, cunhas das pensións máis baixas do estado e cunha afectación aínda maior nas mulleres.
Así mesmo expuxo as principais metas que se marca o BNG neste tema que son:
Derrogar a Lei 27/ 2011 que supuxo unha contrarreforma brutal das pensións: aumentou a idade xubilación de 65 a 67 anos, incrementou o período para calcular a pensión de 15 a 25 anos, acrecentou o período mínimo de cotización de 35 a 37 para cobrar o 100% da pensión, estabeleceu o factor de substantibilidade, etc...
Derrogar o RD/ 23/ 2013 que regula o factor de substantibilidade ( vincula o importe das pensións de xubilación á esperanza de vida das e dos pensionistas) e o índice de valorización (desvincula a subida das pensións do IPC).
Elevar progresivamente o Salario Mínimo Interprofesional e a pensión mínima (que deberá coincidir con este) a comezar pola súa equiparación até o 60% do Salario Medio. A súa revalorización debe estar garantida co IPC.

Máis información sobre as nosas propostas: https://www.bng.gal/…/…/16/bng_xerais_programa_electoral.pdf

 

Néstor Rego reúnese coa representación do colectivo de pensionistas da Pobra