O BNG da Pobra reuniuse coas asociacións deportivas

IMG_20190320_170201_016
O BNG da Pobra reuniuse coas asociacións deportivas

Dentro da rolda de contactos que o BNG da Pobra ven mantendo con colectivos da vila e da comarca cara o programa para as eleccións municipais do vindeiro maio e tamén para estudar as necesarias colaboracións entre elas e o goberno do BNG que resulte destas, tocou agora coas asociacións e clubes deportivos.

O pasado luns, convocados polo BNG, reuníronse no local do BNG con Ramiro Ouviña, candidato á alcaldía, e Manel Casal Sabín, concelleiro e compoñente da lista para as eleccións do 26 de maio.

O BNG da Pobra quere, antes de nada, recoñecer o esforzo persoal destas persoas que día tras día, mes e ano tras mes e ano levan adiante grandes esforzos e traballos polo mantemento e desenvolvemento do tecido asociativo da Pobra. E xa que logo agradecer a súa cooperación.

É moi difícil resumir nestas curtas liñas o falado nunha hora de conversación clara, aberta e entre iguais.

Quedou ben claro que hai necesidades de novas infraestruturas, de mellorar e manter as actuais, aumentar as subvencións e pagalas en tempo, e dende logo unha maior participación das entidades deportivas na planificación de desenrolo da política municipal neste eido.

E tamén quedou claro que o goberno do BNG vai construír as novas instalacións que se precisan, mellorar as existentes e manter un diálogo permanente cos clubes co fin de establecer un diálogo entre iguais en dereitos e obrigacións.

Vémonos o 27 de maio.

O BNG da Pobra reuniuse coas asociacións deportivas