O BNG da Pobra solicita cubrir a praza de Xefe da Policía Local e mellorar os recursos do corpo

O BNG da Pobra anuncia a presentación dunha moción para que o goberno municipal desenvolva canto antes, e de acordo á lexislación pertinente, a posta en marcha dunha convocatoria pública para cubrir a praza de Xefatura da Policía Local e mellorar os recursos dos axentes.
O BNG da Pobra solicita cubrir a praza de Xefe da Policía Local e mellorar os recursos do corpo

Fai xa varios meses que o axente que ocupaba o posto de Xefe da Policía Local se xubilou, polo que o posto foi ocupado por outro axente de xeito interino por nomeamento directo da alcaldía. Transcorreu un tempo máis que prudencial, xa se está rozando o máximo permitido, para que a situación de interinidade sexa superada e se inicie un proceso para cubrir esa praza da maneira que marca a lexislación pertinente, isto é, mediante unha convocatoria pública conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

Por outro lado este grupo municipal foi coñecedor da situación de falta de medios materiais cos que os axentes están a desenvolver moitas das súas funcións e a non reposición adecuada de elementos necesarios para o seu traballo.

En base ao exposto, o Grupo Municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes

A C O R D OS

1.- O goberno municipal desenvolverá, a maior brevidade posíbel e de acordo á lexislación pertinente, a posta en marcha dunha convocatoria pública para cubrir a praza de Xefatura da Policía Local conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

2.- O goberno municipal dotará á Policía Local dos medios materiais necesarios para o correcto desenvolvemento das súas funcións, así como repoñerá os xa obsoletos ou deteriorados.

O BNG da Pobra solicita cubrir a praza de Xefe da Policía Local e mellorar os recursos do corpo