Día de Rosalía de Castro 2018 A Pobra do Caramiñal
Solicitude do BNG-AA
15 feb. 2018 - 20:33
O Grupo Municipal do BNG-AA vén de presentar unha solicitude ao respecto do Día de Rosalía na que se
EXPÓN
Que no pleno celebrado o 30 de xaneiro de 2014 aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo BNG seguindo as directrices da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), cuxos acordos eran:
- Declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía no noso concello.
- Solicitar da Xunta de Galiza que recupere a incorporación do Día de Rosalía ao seu Calendario do Libro e da Lectura.
- Emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosa escritora que impliquen o conxunto dos veciños e veciñas do noso concello o 24 de febreiro. Entre estas actividades, estarán as de pendurar nos balcóns das casas e das institucións bandeiras galegas, pancartas con versos de Rosalía debuxados, procurar espazos para realizar graffitis, murais...
- Realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do concello en que o alumnado dos centros escolares e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista.
- Desenvolver unha serie de actividades para promover o coñecemento de actualizacións da obra rosaliana a través da música, o teatro, a literatura ou a danza, así como seminarios, mesas redondas e/ou conferencias sobre a súa obra e figura.
Que o 4 de febreiro de 2016, esta concelleira, en nome do BNG-AA presentou unha solicitude para que o actual goberno de Nós Pobra levase a cabo os acordos aprobados por unanimidade naquel pleno.
Que, a pesar de terse institucionalizado o Día de Rosalía no concello da Pobra do Caramiñal, este noon consta no listado de concellos que figura na páxina web da AELG.
Por este motivo
SOLICITA
- Que o Goberno Municipal da Pobra do Caramiñal poña en coñecemento da AELGA que este concello ten aprobada a moción presentada polo BNG declarando o 23 de febreiro Día de Rosalía desde o ano 2014 e se vén conmemorando institucionalmente esta data desde 2016.