Moción relativa a melloras na urbanización do Lagar.

Mª Cristina Andrade González, concelleira do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego-AA da Pobra do Caramiñal, presentou, para inclusión e debate no Pleno Ordinario de marzo unha moción reclamando melloras na urbanización do Lagar.

Moción relativa a melloras na urbanización do Lagar.

A urbanización do Lagar é unha zona do concello onde se concentra numerosa poboación. Nos últimos anos diversas empresas acometeron obras que implicaron a apertura de zanxas en varias ocasións e en diversas rúas. Aínda que as propias empresas se encargaron de tapalas, o tempo cronolóxico e o atmosférico provocaron que na actualidade algunhas desas rúas presenten fochancas no firme que pouco a pouco se van facendo cada vez maiores, como sucede na rúa Albariño e na Travesía Fernández Varela.

Por outra parte, as baldosas de varias beirarrúas, nomeadamente a da rúa Atalaia, hai tempo que están soltas e rotas, supoñendo un perigo para as persoas que transitan por elas. O BNG xa reclamou o arranxo das mesmas nun pleno anterior.

Ademais, o pintado e sinalización viaria apenas existe na parte máis antiga da urbanización, que tampouco conta coa delimitación de prazas de aparcamento nin mobiliario urbano.

A isto hai que engadir que a maioría das rúas da urbanización non contan coa accesibilidade necesaria, o que resulta máis problemático en lugares como a Praza da Treixadura.

No BNG consideramos que a urbanización do Lagar é un lugar idóneo, dada a súa morfoloxía e carácter residencial, para iniciar a implantación de zonas 30 na Pobra e, tendo en conta que esta zona do concello necesita melloras no asfaltado, na accesibilidade, nas beirarrúas, que non se acometen desde hai demasiado tempo, esta podería ser unha boa oportunidade de iniciar tal proxecto.

Por todo o exposto, este Grupo Municipa, propón á Corporación a adopción dos seguintes acordos:

Acometer os arranxos e as reformas necesarias na urbanización do Lagar para que sexa unha zona accesíbel co tránsito de vehículos limitado a 30 km/h dotándoa da sinalización horizontal e vertical precisa, que inclúa pasos de peóns.

Regular, delimitar e pintar adecuadamente as zonas de aparcamento.

Reparar á maior brevidade o asfalto e as baldosas deterioradas.

Moción relativa a melloras na urbanización do Lagar.