MOCIÓN relativa á propiedade dunha parcela na Ribeiriña
Na Ribeiriña hai unha parcela situada fronte ao antigo almacén da Onza de Ouro, ao pé da AC-305, sobre a que hai, nese lugar do noso concello, un forte debate ao respecto da súa titularidade. Son moitos os veciños e veciñas que aseguran que esa parcela é de titularidade pública, sinalando o recordo do seu uso veciñal, a existencia dunha fonte de uso comunitario ou a colocación dunha marquesiña por parte das administracións para dar servizo público. Diversas actuacións desenvolvidas polos actuais donos do antigo almacén, no exercicio dos dereitos que defenden ter sobre esa parcela, volveron a traer á actualidade a cuestión.
É evidente que a situación da parcela é preciso clarificala nun sentido ou noutro para non alimentar situacións conflitivas, e o concello ten que ter un papel activo nese sentido. A maiores de que ten que ser o primeiro interesado en preocuparse da cuestión xa que está sobre a mesa un debate a respecto dunha súa posíbel propiedade.
En base ao exposto, o Grupo Municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes
A C O R D OS
O goberno municipal desenvolverá as actuacións necesarias para clarificar dunha maneira definitiva a titularidade da parcela referida na exposición de motivos.