Moción a respecto da instalación de bancos

a606d3d5-5a9f-4cf7-bb35-b2fe8286b759
Moción a respecto da instalación de bancos

Aínda que ata hai poucos anos o barrio do Lagar contaba cun elevado número de poboación moza, nestes momentos comezan a ser moitas as persoas que sobrepasan a idade de xubilación.

Hai, polo tanto, cada ves máis persoas maiores con problemas de mobilidade, que teñen dificultade para facer o percorrido desde o centro, na beira do mar, ata as súas casas, na zona máis alta do casco urbano.

O camiño máis directo e máis utilizado por veciños e veciñas do Lagar e o que transcorre pola rúa da Feira e continúa pola rúa Loureiro, constituíndo un percorrido con bastante pendente que deixa sen folgos a calquera que non dispoña dun estado físico óptimo.

En numerosas ocasións podemos atopar persoas sentadas na escaleira da “casa do Patín” ou apoiadas en calquera muro do camiño facendo un alto para recuperar forzas e continuar, con frecuencia subindo a compra, ata as súas casas.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG propón á Corporación a adopción do seguinte acordo: 

Colocar un banco na rúa da Feira pasado o cruceiro e outro na confluencia da rúa Loureiro coa rúa Condado.

Moción a respecto da instalación de bancos