Nais e pais do E.E.I. Fernández Varela en loita contra os recortes do PP en educación.

O BNG presentou unha iniciativa parlamentar en apoio das xustas reivindicacións dos afectados.

Nais e pais do E.E.I. Fernández Varela en loita contra os recortes do PP en educación.

Hai pouco máis de 15 días un grupo de nais e pais de alumnado da EEI Fernández Varela púxose en contacto co BNG para informarnos sobre a situación que están a vivir os seus fillos e fillas, consecuencia, unha vez máis, da política de recortes na educación pública do goberno de Feijoo.

No presente curso estas familias xa se viron afectadas pola desaparición de 3 prazas de mestres e a reagrupación de alumnado, con unha matrícula de só 2 alumnos menos que o curso anterior. Pero resulta que a Consellería ameazou con eliminar outra praza de mestre e reducir a atención á diversidade: se no pasado a praza de orientador/a pasou a ser compartida e posteriormente o Fernández Varela converteuse nun centro adscrito ao de Cadreche para a atención en Orientación, agora pretenden que tamén a praza de Pedagoxía Terapéutica sexa itinerante.

Ante unha situación intolerábel que contribúe ao deterioro da calidade do ensino público, este grupo de pais e nais solicitou o apoio dos grupos políticos do Concello e, como non podía ser doutro xeito, o BNG brindoullo. Non só apoiamos a moción presentada por elas e les ao pleno da corporación, senón que presentamos unha iniciativa parlamentar para instar á Consellería a que manteña o profesorado da EEI Fernández Varela.

A Pobra do Caramiñal merece contar con escolas públicas perfectamente dotadas cos medios materiais e humanos necesarios para desenvolver un ensino de calidade e o BNG sempre estará apoiando as reivindicacións de pais e nais para que a atención ao alumnado sexa a adecuada, sobre todo se falamos de atención á diversidade.

Nais e pais do E.E.I. Fernández Varela en loita contra os recortes do PP en educación.