Perigo nas pistas deportivas do parque do Castelo

74567622-8abe-456a-b319-b497aecf2e4c

O BNG ven de presentar unha solicitude reclamando a fixación das porterías.

Perigo nas pistas deportivas do parque do Castelo

Ramiro Ouviña Ouviña, concelleiro e portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas neste concello

EXPÓN

QUE as pistas deportivas anexas ao Parque do Castelo son frecuentadas por moita xente, de idades moi distintas, dende a nenez á adolescencia ou aínda maiores.

QUE as instalacións dispoñen dunhas porterías de reducido tamaño, construídas con perfís de ferro que lles confiren un peso considerábel.

QUE tales porterías non teñen NINGÚN sistema de fixación polo que se poden desprazar incontroladamente e causar accidentes mortais ou situacións de moito perigo, como de feito sucedeu o pasado venres, 22 de febreiro, cando movida unha delas de mala maneira por un adolescente envorcou violentamente, a piques de ferir a dous nenos que xogaban na zona.

Por todo o exposto, este concelleiro, en representación do G.M. do Bloque Nacionalista Galego – Asembleas Abertas, presenta a seguinte solicitude

 

SOLICITA

Que o goberno municipal dote urxentemente ás devanditas porterías dun sistema de fixación efectivo e mentres non se constrúe o sistema retirarase ese equipamento para evitar accidentes.

Perigo nas pistas deportivas do parque do Castelo