Rosalía poliédrica: Rosalía feminista

Unknown

Laura Novelle fijo un percorrido pola Rosalía más social, más feminista, sen esquecer o rol nacionalista da nosa poeta nacional. Fixo, en fin, un fermoso retrato da Rosalía de Castro poliédrica.

 

 

 

Rosalía poliédrica: Rosalía feminista

Estamos hoxe aquí para lembrar e celebrar un aniversario. O aniversario dunha muller escritora que ten penetrado como poucas o ser e a alma de Galiza. Mais na posteridade  tamén tivo que cargar cunha imaxe que non se corresponde coa amplitude das preocupacións sociais e políticas que hai nos seus textos. Un 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro. O seu extenso legado está encabezado por obras senlleiras como Cantares GallegosFollas Novas, pero ela era moito máis. 

 O seu nacemento marcou en certo sentido a súa vida. Filla de nai solteira, á nena déuselle logo por escribir, un oficio exclusivo de homes, moi mal visto para as mulleres da época.  Durante anos, a súa escrita foi considerada como un canto á terra e á morriña, nunha análise superficial e romántica que só puña énfase na Rosalía triste e chorona, sentimental e melancólica. Pero é que esta nosa Rosalía foi unha abendeirada do feminismo. Os seus personaxes femininos adoitan ser contrapostos: ou sometidas ou intentando rebelarse; neste caso incomprendidas, illadas, censuradas, vivindo baixo sino de convertérense en solteironas.Lieders, escrito por unha Rosalía mociña de apenas 21 anos, é un alegato de reivindicación feminino. Dinos: 

 “Cuando los señores de la tierra me amenazan con una mirada, o quieren marcar mi frente con una mancha de oprobio, yo me río como ellos se ríen y hago, en apariencia, mi iniquidad más grande que su iniquidad. En el fondo, no obstante, mi corazón es bueno; pero no acato los mandatos de mis iguales y creo que su hechura es igual a mi hechura, y que su carne es igual a mi carne. (…) Yo soy libre. Nada puede contener la marcha de mis pensamientos, y ellos son la ley que rige mi destino”. 

 

“Los remordimientos son la herencia de las mujeres débiles. Ellos corroen su existencia con el recuerdo de unos placeres que hoy compraron a costa de su felicidad y que mañana pesarán sobre su alma como soplo candente”.

 

Rosalía leva a cabo una tenaz e afouta reivindicación da condición das mulleres, sendo ela a primeira en considerarse maltratada non poucas veces por ter escollido como oficio a escritura. Ao casar co historiador Manuel Murguía, as acusacións sobre a calidade e autoría do seu traballo viñeron axiña:“Se dice muy corrientemente que mi marido trabaja sin cesar para hacerme inmortal”, escribiría retranqueira.

Neste prólogo de La hija del Mar, Rosalía amósase mordaz e irónica. Explica que, unha vez que se admite que a muller tamén posúe alma, quizá se precisen outros tantos anos para recoñecer que o sexo feminino está suficientemente dotado para escribir libros, pois “todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben”.

“Posible me sería añadir que mujeres como Madame Roland, cuyo genio fomentó y dirigió la Revolución francesa en sus días de gloria; Madame Staël, tan gran política como filósofa y poeta; Rosa Bonheure, la pintora de paisajes sin rival hasta ahora; Jorge Sand, la novelista profunda, la que está llamada a compartir la gloria de Balzac y Walter Scott; Santa Teresa de Jesús, ese espíritu ardiente cuya mirada penetró en los más intrincados laberintos de la teología mística; Safo, Catalina de Rusia, Juana de Arco, María Teresa de Austria y tantas otras cuyos nombres la historia, mucho más imparcial que los hombres, registra en sus páginas, protestaron eternamente contra la vulgar idea de que la mujer sólo sirve para las labores domésticas y que aquella que, obedeciendo tal vez a una fuerza irresistible, se aparta de esa vida pacífica y se lanza a las revueltas ondas de los tumultos del mundo es una mujer digna de la execración general”

 

Polo menos, escribe Rosalía sarcásticamente, as mulleres poden recoller “estas migajas de libertad al pie de la mesa del rico”, do varón, que ostenta o poder en todos os estamentos e institucións.  María Xosé Queizán afirma que Rosalía presenta á muller como alguén que desafía as inxustizas e a subordinación a autoridade. Fai gala dun rechamante individualismo e, sobre todo, dunha franca liberdade. As novelas rosalianas contan con numerosas protagonistas femininas Escribe Queizán que a obra de Rosalía “é feminista avant la lettre, e non pode entenderse de non ser leida baixo estes parámetros”. Non debe despistarnos a dozura e modestia do carácter natural de Rosalía: a súa ousadía como escritora nos temas que escolle e trata sempre con fondura literaria, sitúana como unha das poetas e narradoras máis concienciada cos abusos que sofre a muller, tanto no seu tempo como en calquera outra época. Rosalía é unha escritora que transcende, porque o que ela defende é a emancipación, a liberdade. En El caballero de las botas azules lemos:

“Venid ahora vosotras, esclavas mías, hermosas hijas del libre pensamiento, que lucháis por romper unas cadenas que sólo desata la muerte; valientes amazonas que no vaciláis en medir vuestras fuerzas con el gigante invisible que os vence…

 

Toda a obra rosaliana está trufada de alegatos contra a misoxinia. En Flavio, a personaxe feminina Mara exclama ante un amigo do pretendente: “¡Decid que queréis vernos esclavas y no compañeras vuestras!” 

En Conto gallego (unha obra que se descubriu varias décadas despois de falecer a autora) dous homes apostan unha magnífica mula para quen que consiga seducir a unha recente viúva; un deles triunfa neste propósito ao facerse pasar por un sobriño do defunto e gozar así da súa herdanza, deixándoa a ela sen medio de vida para subsistir. Cando a protagonista se lamenta da súa soidade, exclama: 

(…) moitas de estas noites han de vir pra min no mundo, que si antes fora rica e casada agora son viuda e probe; e canto tiven meu agora teu é, que a min non me queda máis que o ceo i a terra…”

 

Con un estilo narrativo frío, Rosalía expón cruamente a cousificación das mulleres, así como a falta de seguridade xurídica que as ameazaba cando non estaban casadas. Temos que ter presente que a muller do século XIX estaba nunha perpetua minoridade social, económica e legal, que facía case indispensable algún xeito de tutela por parte dunha figura masculina. 

Esa desprotección da muller aparece tamén en A xustiza pola man, un poema no que unha moza humilde é deshonrada e decide matar ao seu atacante ao sentirse ignorada polas leis que supostamente deben protexela. Mesmo chega a verse abandonada por Deus. Neste durísimo poema vemos tres aspectos moi importantes da obra rosaliana: a crítica social, a denuncia aos poderosos e a posta en dúbida da fe:    

Aqués que ten fama de honrados na vila /roubáronme tanta brancura que eu tiña/ botáronme estrume nas galas dun día /a roupa decote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron, en donde eu vivira/ sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas, / ó raso cas lebres dormín nas campías;/ meus fillos… ¡meus anxos!… que tanto eu quería,/ ¡morreron, morreron, ca fame que tiñan!

Quedei deshonrada, murcháronme a vida / fixéronme un leito de toxos e silvas; / i en tanto, os raposos de sangue maldita / tranquilos nun leito de rosas dormían. / Salvádeme, ¡ouh, xueces!, berrei… ¡Tolería! / De min se mofaron, vendeume a xusticia / Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…/ Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra / Entonces cal loba doente ou ferida/ dun salto con rabia pillei a fouciña, / rondei paseniño… ¡Ne-as herbas sentían!/ I a lúa escondíase, i a fera dormía /cos seus compañeiros en cama mullida. 

Mireinos con calma, i as mans estendidas,/ dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida./ I ó lado, contenta, senteime das vítimas / tranquila, esperando pola alba do día. / I estonces… estonces, cumpreuse a xusticia:/ eu, neles; i as leises, na man que os ferira

 

Mesmo cando os textos rosalianos irradian picardía e retranca, aproveita a autora para lanzar unha mensaxe contra institucións tan sagradas coma o matrimonio. Vémolo en Follas Novas:

“Decides que o matrimonio /é santo e bueno, Seraio / mais non casou San Antonio / por máis que o mesmo demonio / tentouno a face-lo ensayo.

(...)

Do direito, do rivés / matrimonio, un dogal es / eres tentazón do inferno / mais casaréi... pois no inverno / ¡non ter quen lle a un quente os pes...!”

 

Quero finalizar este breve percorrido co artigo “Las literatas”escrito en nome de Nicanora baixo a forma de carta a unha amiga (Eduarda). Comeza por ridiculizar a saturación da mala literatura reinante, cargada de clasismo e moralina, como garantía do control moral das clases medias e do público feminino. Case todos os termos que se utilizan na época da que falamos para nomear á muller escritora son despectivos, e cando no o son, úsanse con ese matiz. Así acontece con “literatas”, “poetisas”, “bachilleras”“novelistas”. Rosalía fai seu o alcume despectivo “literatas”nun xogo semellante ao que vimos antes  en Lieders: colocarse ao mesmo nivel que os seus pares masculinos e rir deles cando a ridiculizan como estratexia para descolocalos e non avergoñarse. 

Toda esta Carta a Eduarda está expresada de forma irónica. Esta ferramenta sérvelle  ademais a Rosalía de para reivindicar as escritoras dun xeito interesante e moi potente: ao facelo con fina sutileza ninguén a pode acusar de incitar ás mulleres a escribir. Especialmente esclarecedora (por mordaz) é a pasaxe na que argumenta por que as mulleres non deben exercer como escritoras:

“No, mil veces no, Eduarda; aleja de ti tan fatal tentación, no publiques nada y guarda para ti sola tus versos y tu prosa, tus novelas y tus dramas: que ése sea un secreto entre el cielo, tú y yo. ¿No ves que el mundo está lleno de esas cosas? Todos escriben y de todo. Las musas se han desencadenado. Hay más libros que arenas tiene el mar, más genios que estrellas tiene el cielo y más críticos que hierbas hay en los campos. Muchos han dado en tomar esto último por oficio; reciben por ello alabanzas de la patria, y aunque lo hacen lo peor que hubiera podido esperarse, prosiguen entusiasmados, riéndose, necios felices, de los otros necios, mientras los demás se ríen de ellos. Semejantes a una plaga asoladora, críticos y escritores han invadido la tierra y la devoran como pueden. ¿Qué falta hacemos, pues, tú y yo entre ese tumulto devastador? Ninguna y lo que sobra siempre está demás. Dirás que trato esta cuestión como la del matrimonio, que hablamos mal de él después que nos hemos casado; mas puedo asegurarte, amiga mía, que si el matrimonio es casi para nosotros una necesidad impuesta por la sociedad y la misma naturaleza, las musas son un escollo y nada más”

 

A marxinación das mulleres escritoras obedece, principalmente, á idea preconcibida de que unha muller debe servir ao home para mantelo feliz e a muller intelectual non pode satisfacer esta demanda porque a muller que escribe descoida a súas obrigas domésticas, que son a súa principal responsabilidade segundo o modelo patriarcal. Esta é unha razón más para vetar o acceso á cultura ás mulleres, pero para Rosalía, o cerne do  problema é que o home sinte que os ámbitos da intelectualidade que durante séculos manexou en exclusiva, agora sofren una intrusión que ameaza con roubarlle esa posición de superioridade. Isto repercute non soamente na muller escritora senón tamén á muller lectora: critícase a aquela que fai uso das bibliotecas e trátase de limitarlle o acceso aos libros co pretexto de que as mulleres cren todo o que len e iso podería inducilas a facer cousas moralmente reprobables. 

Rosalía de Castro pon do revés a la literatura romántica e presenta unha muller realista que cuestiona e supera os prexuízos sociais, se ben, como no caso de La hija del mar, acabe sendo ás veces fatalmente enganada por un impostor. A falta de liberdade non só acontece nos ámbitos creativo ou vivencial; tamén, diriamos, no ontolóxico: a muller chega ao mundo encadeada, preparada para agardar ordes (El patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud”, escribe en Lieders). Pero, denuncia Rosalía, obviar o poder da muller significa obviar o que sente, padece e sabe máis da metade da Humanidade.

Como vemos, na obra rosaliana hai miles de pequenos cristais poliédricos, palabras afiadas e rompedoras que botan por terra esa imaxe mítica e irreal de resignación, saudade pasiva, sentimento morboso, limitación intelectual, santurronería… que, non por azar, se fabricou dela. Pilar García Negro sinala con acerto o feito de que personaxes diversas fagan público, pouco despois do seu falecemento en 1885, o acoso ao que a someteron as xentes de orde e  as autoridades civís e eclesiásticas, informa dunha realidade que se quixo agochar porque non conviña ao mito inmovilista e tranquilizador da Rosalía sensible e tristeira.

O feminismo rosaliano é moito máis ca unha temática ou unha gota no océano dos seus textos literarios. O feminismo é una especie de columna vertebral que artella os seus discursos poéticos e narrativos. É a tradución lóxica da súa posición vital, filosófica e política na vida. Actualiza a célebre sentencia de Fourier: “El grado de emancipación de la mujer es la medida natural de la emancipación en general”. Rosalía de Castro racha con afouteza a división sexual da literatura: universaliza o feminino e feminiza o universal. 

Na Pobra do Caramiñal, no 182º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

 

PARA AMPLIAR O TEMA

González Fernández, Helena (Ed.) (2019). Rosalía feminista.Vigo: Xerais.

Lama, María Xesús (2017). Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).Vigo: Galaxia.

Rodríguez, Francisco (1988). Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro.Vigo: Asociación Socio-Pedagóxica Galega. 

©Laura Novelle

Rosalía poliédrica: Rosalía feminista