7 de cada 10 pensionistas reciben menos de 1.000 euros mensuais

5a8eb31650afa-dwosd2sxuaa-5dz

A perda de poder adquisitivo das pensións afecta sobre todo a aquelas persoas con ingresos máis baixos, ese 70% que non chega a mileurista e sobre todo ese 35% que recibe cada mes 700 euros ou menos

7 de cada 10 pensionistas reciben menos de 1.000 euros mensuais

A pensión media en Galicia non chega aos 900 euros mensuais (879,89 euros), ao redor de 12.273 euros anuais. Con todo, a inmensa maioría dos e das pensionistas fica por debaixo desta cantidade, sobre todo as mulleres. En concreto, 7 de cada 10 xubilados e xubiladas galegas non chega aos 12.673 euros, unha porcentaxe que supera o 80% no caso das mulleres. O 39% non chega a 8.500 euros anuais (pouco máis de 700 euros en 12 pagas), pero de novo a porcentaxe entre as mulleres elévase moito máis, ata o 45%. 

Hai, si, un grupo de pensionistas que percibe pagamentos máis elevados, pero son unha minoría. Apenas o 10% dos xubilados galegos cobra máis de 25 mil euros anuais, un nivel de ingresos no que existe unha gran fenda por sexo. Ao redor do 15% dos pensionistas galegos varóns están por riba desa cantidade, mentres que só o fan o 5% das pensionistas.

Este sábado 17 de marzo están convocadas mobilizacións en demanda de pensións dignas en todo o Estado, con 17 convocatorias en toda Galicia (Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Noia, Pontedeume, Ribadeo, Sarria. O Carballiño, O Grove, Vilagarcía, Sanxenxo, Cangas e Tui). A CIG convocou tamén concentracións para este xoves 15.

"A esixencia de vidas laborais prolongadas limita o acceso das mulleres a unha pensión", dicía Victoria Portas nesta entrevista. Ademais da fenda salarial e das menores taxas de actividade en empregos retribuídos que ao longo das súas vidas tiveron homes e mulleres, nesta diferenza inflúe a reducida contía das pensións de vuvez, situadas nos 543 euros, moi por debaixo do Salario Mínimo, deixando unha boa parte das perceptoras desta prestación por debaixo do nivel de pobreza.

As pensións foron conxeladas nos peores anos da crise e na actualidade están a subir un 0,25% anual, moi por debaixo do incremento do IPC. Esta perda de poder adquisitivo afecta sobre todo a aquelas persoas con pensións máis reducidas, ese 70% que non chega a mileurista e sobre todo ese 35% que ingresa cada mes 700 euros ou menos. Afecta tamén ás pensións do futuro. Dende hai uns anos as  as persoas que se xubilan xa comezan a recibir pensións inferiores ás das persoas que se xubilaban antes da crise. E, como lembraba Victoria Portas na última gran xornada de mobilización dos e das pensionistas galegas, "a xeración máis prexudicada pola crise das pensións é a que hoxe ten entre 50 e 60 anos". Todo nun país como Galicia no que máis da metade dos concellos galegos teñen máis pensionistas que cotizantes á Seguridade Social.

©praza pública