O BNG da Pobra denuncia o incumprimento das iniciativas aprobadas en materia de igualdade
O BNG da Pobra levará a pleno unha moción solicitando a execución das numerosas medidas en materia de igualdade aprobadas ó longo desta lexislatura. Denuncian que a pesar de ter sido aprobadas por unanimidade, a maior parte das mocións non chegaron a materializarse.
Ás portas da celebración do Día da Muller, o BNG da Pobra volve reclamar a necesidade de adoptar medidas a nivel local para garantir a igualdade real e acabar coa violencia de xénero.
Por estas razóns levarán ó pleno deste xoves unha moción censurando ó goberno por non ter materializado ningunha destas iniciativas e esixirán ó mesmo tempo que se poñan en marcha canto antes.
O BNG potenciará desde as institucións a integración das persoas con discapacidade intelectual
Ana Pontón pide compromiso á Xunta para mellorar as condición de 44.995 persoas afectadas en Galiza por incapacidade intelectual
Goretti Sanmartín reclama un novo centro en Santiago de Compostela para dar resposta a 3.000 persoas afectadas por discapacidade intelectual.
O BNG arranca a precampaña das Municipais coa proclamación dos candidatos e candidatas das grandes cidades
Ana Pontón: "As eleccións locais son o primeiro paso para o cambio político que Galiza precisa e que aspiramos a liderar"
As forzas políticas estatais demostran cos feitos que se alternan na discriminación a este país, denuncia
O BNG demanda a reversión das zonas portuarias que non se dediquen a usos profesionais
O BNG do Barbanza demanda a reversión dos terreos portuarios que non se destinan a usos profesionais. Pretende así que as zonas integradas no espazo urbano non estean suxeitas ó pago de taxas que consideran abusivas. O BNG demanda que espazos como paseos, alamedas e aparcadoiros en terreos portuarios non destinados a usos profesionais pasen a ser de titularidade municipal posto que se atopan integrados na dinámica urbana dos distintos municipios. Ademais da reversión destas zonas, os nacionalistas amosan a súa preocupación ante as numerosas deficiencias que presentan os portos da comarca.
Roteiro do Días das letras 2018
Este domingo ás 11:30h dende Ouxo faremos un ano máis o Roteiro do día das letras. Sinalizaremos os lugares por onde pasemos con lectura de textos e música. Poñendo en valor e recuperando a nosa toponímia e a nosa cultura.
O BNG da Pobra demanda a reparación e limpeza das beirarrúas en mal estado
O BNG volve levar ao Parlamento a subida das pensións non contributivas para 40.000 galegos e galegas
Ana Pontón: “Non imos permitir que Feixóo se agoche tras cortinas de fume para evitar falar dos problemas dun Galiza á cola en materia de pensións"
Insta a mobilizarse contra a involución democrática do Estado español: “A mensaxe é que toda persoa que cuestione o status quo será perseguida”
O BNG arranca a preparación das eleccións locais cunha xornada de traballo con cargos municipais
300 concelleiros e concelleiras participan nun encontro para empezar a perfilar a estratexia e abordar a comunicación do discurso político
7 de cada 10 pensionistas reciben menos de 1.000 euros mensuais
A perda de poder adquisitivo das pensións afecta sobre todo a aquelas persoas con ingresos máis baixos, ese 70% que non chega a mileurista e sobre todo ese 35% que recibe cada mes 700 euros ou menos
O feminismo galego enche as rúas de Vigo para reivindicar un futuro digno para as mulleres nunha sociedade igualitaria, xusta e libre
Milleiros de persoas participan nunha marcha na que se chamou a participar na folga do 8-M
Posicionamento do BNG a respecto da folga das traballadoras e traballadores da Xustiza
O BNG manifesta o apoio ás reivindicacións do comité de folga e solicitou reiteradamente a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais
O Ministerio de Interior denuncia a militantes do BNG por protestar contra a estafa das peaxes da AP-9
O Bloque xa anuncia que recorrerá estas multas e considera o mundo ao revés que sexan sancionadas as persoas que denuncian a estafa "legal" das peaxes
O BNG pide un plan de atención primaria para acabar co colapso das urxencias nos hospitais
Montse Prado denuncia que se trata “dun problema estrutural que non se resolve con malos parches” e pregunta a Feijóo “onde quere colocar as camas, nos corredores ou saturando as habitacións?”
Luís Bará: “A presa de Rajoy por inaugurar Rande é para facilitar que Audasa impoña a suba das peaxes”
Denuncia que unha cláusula con “Itínere” obriga a inaugurar as obras antes de que finalice o ano do remate das mesmas para aplicar a suba das peaxes e cualifica de “escándalo maiúsculo” inaugurar a ampliación da ponte de Rande sen rematar os accesos do Morrazo e corrixir os impactos negativos na parroquia de Chapela