Roteiro do Días das letras 2018
Este domingo ás 11:30h dende Ouxo faremos un ano máis o Roteiro do día das letras. Sinalizaremos os lugares por onde pasemos con lectura de textos e música. Poñendo en valor e recuperando a nosa toponímia e a nosa cultura.
Como vén sendo habitual nos últimos anos, o BNG da Pobra do Caramiñal vai levar a cabo unha actividade lúdica e reivindicativa o próximo domingo día 20, para conmemorar o Día das Letras Galegas e convida a participar a todos os veciños e veciñas.
Nesta ocasión farase un roteiro circular con saída do lugar de Ouxo ás 11:30 da mañá, pasando polos lugares de Vilariño, A Canliña, Pumadiño, Os Casás, A Recosta, Cadreche e O Freixo. A finalidade deste roteiro é poñer en valor a toponimia dos nosos lugares de maneira divertida. Por iso no percorrido iremos colocando os sinais que identifican cada sitio acompañados de música e faremos unha lectura de textos da escritora homenaxeada, Mª Victoria Moreno. Remataremos no Campo de Ouxo con máis música en vivo.