O BNG da Pobra solicita a mellora do aparcadoiro de San Lázaro 220219
A través dunha moción que levarán a pleno a vindeira semana, o BNG solicita a mellora do aparcadoiro de San Lázaro, empregado a cotío por un gran número de persoas para deixar os seus vehículos.
BNG, EH-Bildu e Esquerra presentan unha candidatura as Europeas en defensa dos dereitos nacionais e sociais
Pontón: “É unha aposta segura para todas as persoas que queremos máis Galiza noutra Europa posible, a das nacións sen estado, dos dereitos e das liberdades”
Miranda: “Tedes o meu compromiso de que este seguirá a ser o escano galego, porque se o BNG está, Galiza está”
Resumo do Pleno Ordinario Outubro 2018
A proposta máis importante por parte do goberno foi a reforma do polideportivo de Venecia. O BNG defendeu no pasado xuño a necesidade absoluta e urxente de arranxar as numerosas deficiencias que presenta. Aprobouse por unanimidade e o alcalde dixo ter a intención de facelo no verán para producir menos trastornos na actividade deportiva. Evidentemente, non foi así. Mais neste pleno de outubro votouse por unanimidade a aprobación inicial do proxecto técnico para a obra, que se financiará, tal e como tamén propuxera o BNG, co superávit de 2017. É unha boa nova. A ver para cando.
O BNG presentou dúas mocións. A primeira delas reprobaba ao alcalde e a concelleira de promoción económica e emprego, a Sra. Varela, pola súa nula xestión ao fronte da concellería. Lembrámoslle que non só non elaboraron o plan de emprego xuvenil ou a solicitude de subvencións para obradoiros de emprego aprobadas por unanimidade no pleno senón que foron incapaces de propoñer medidas propias e efectivas a tal efecto. Tamén propoñía a moción, unha vez máis, o plan de emprego, a participación nos programas de cooperación doutras administracións para o emprego (obradoiros de emprego entre outros) e a habilitación na web do concello dun espazo informativo sobre oferta e demanda de emprego. Aprobouse cos votos favorábeis de BNG, PSOE e PP e o voto en contra de NP, que se expresaron moi satisfeitos de contribuír ao emprego mediante a contratación de persoal no propio Concello.
A segunda poñía en destaque a sensación asentada entre a veciñanza de que A Pobra vive nunha profunda inseguridade urbanística e propoñía cubrir de xeito inmediato a praza de Arquitecto Superior aprobada en xaneiro de 2016, asignar ao servizo de urbanismo os recursos necesarios para restaurar e manter a legalidade urbanística e arbitrar procedementos de control que vixíen o cumprimento da normativa urbanística. O goberno aceptou a maior pero non lle gustou que a moción incluíra “restaurar” e por medio do concelleiro de Servizos Sociais (non o de Urbanismo, que é o Alcalde, responsábel da desfeita) propuxo unha emenda consistente en substituír a palabra por “exercer de maneira eficaz”. A corporación non aprobou a emenda e a moción tampouco foi aprobada polos votos en contra de NP e PP. Ou sexa, NP agocha a cabeza como a avestruz e o PP prefire a política de “ti vai facendo” que tan querida lles é.
Polo demais, aprobouse a acta do pleno ordinario de maio e só houbo tres propostas do goberno municipal, a mencionada do polideportivo, a aprobación dos festivos locais para 2019 e unha subvención nominativa.
Os festivos locais, os de sempre, luns dos Pincheiros e luns do Nazareno, aínda que a data numérica viña equivocada... Aprobáronse cos votos favorábeis de NP, PP e PSOE. O BNG abstívose. Seguimos considerando que hai que darlle unha voltiña e procurar un consenso na recuperación de festas tradicionais como o San Xoán ou o Entroido.
A subvención ao Club de Remo para financiar a bandeira feminina disputada na Pobra foi aprobada por unanimidade. Agardemos que tarden bastante menos en pagar do que tardaron en traela ao pleno para a súa aprobación.
Tanto PP como PSOE presentaron mocións reclamando arranxos e melloras en Lamas y Andrés. A do PSOE foi emendada por NP para acometer estas melloras cos orzamentos de 2018 e non co remanente de 2017 como dicía a moción. Emenda e mocións aprobáronse por unanimidade.
O PP presentaba outras dúas mocións. Unha delas para que se limpen rexistros e sumidoiros co fin de evitar inundacións nos baixos, aprobada por unanimidade. A outra, xa coñecida, defendendo que goberne a lista máis votada. Trátase dunha proposta trampa que pretende manipular a lei electoral en beneficio dos intereses do propio Partido Popular, negando a calidade democrática dos pactos electorais e pervertendo o sentido do voto popular e ignorando que a xa bastante mermada democracia española é representativa e non presidencialista.
Rematou o pleno coa resposta a unha pregunta presentada polo BNG a respecto do torneo de fútbol solidario que na próxima edición non se celebrará na Pobra senón en Rianxo. O alcalde non soubo como explicar a tardanza do seu goberno en conceder as dúas datas que lle solicitaban e descargou a responsabilidade na organización aínda que se manifestou disposto a seguir apoiando este torneo.
No que queda de ano haberá varios plenos, ordinario e extraordinarios. Esperemos que se traduzan en obras e non pasen a engrosar as cifras de superávit de 2018, como sucedeu en anualidades anteriores.
O Pleno da Pobra do Caramiñal aproba unha moción apoiando aos 19 de Meirás
O BNG presentou onte, por vía de urxencia, unha moción ao pleno solicitando o apoio da corporación aos "19 de Meirás" que iniciaron hoxe as súas declaracións nos xulgados de Betanzos, tras a demanda criminal presentada pola familia do ditador e a Fundación Franco por realizar un “acto cívico, pacífico e democrático para reclamar que o Pazo de Meirás sexa devolto ao patrimonio galego”.
A moción foi aprobada polos votos a favor do BNG e NP, a abstención do PSOE e o voto en contra do PP
O BNG da Pobra insiste na mellora integral da Ribeiriña e do Conchido 200918
O BNG critica a falla de investimentos do goberno local de NP nesta zona, a pesar de ter recoñecida a débeda histórica que o Concello ten con esta zona amplamente degradada e aprobada por unanimidade unha moción dos nacionalistas a respecto do arranxo integral da rúa 2.
A organización do Festigal abre o prazo de inscrición para o voluntariado
Este evento enriquece a participación grazas ao valor social e as sinerxías que se crean ao traballar en equipo de xeito solidario e con ideas
Solicitude do BNG da Pobra para adoptar urxentes medidas de protección da praia da Corna
O BNG da Pobra volve demandar medidas de protección na contorna da praia da Corna.