O Goberno central prevé reverter a reforma do 'voto emigrante' que minguou a participación pero acabou coa fraude
O sistema anterior ao do voto rogado implicaba que todas as persoas inscritas no CERA recibían a documentación electoral na casa sen pedila previamente e podían remitila sen necesidade de que ninguén comprobase a súa identidade
O BNG demanda a ampliación do horario do museo Valle-Inclán
O BNG da Pobra demanda a ampliación do horario de apertura do Museo Valle-Inclán. Ante a polémica xurdida en relación cos peches, os nacionalistas esixen que se resolva o proceso de contratación de persoal técnico para garantir o servizo no museo. A polémica saltaba a principios desta semana a raíz dos cambios no cartel dos horarios do museo nos que podía interpretarse que pecharía pola tarde durante todo o verán. Aínda que dende o executivo xa procederon a subsanar o presunto erro, os nacionalistas denuncian as deficiencias na atención ó público, cun horario de apertura limitada e sen unha web actualizada que permita acceder á información do centro e os seus fondos.Dende o BNG entenden que esta situación é froito da falta de persoal posto que segue paralizado o proceso de contratación dun técnico para o museo, iniciado hai máis dun ano.
O BNG pide destinar parte do remanente de 2017 a melloras na Ribeiriña 140618
Para os nacionalistas existe unha débeda histórica con esta zona amplamente degradada. O BNG trasladaralle no próximo pleno ó executivo de Nós Pobra a posibilidade de investir parte dos máis de 720 mil euros correspondentes ó remanente de tesourería de 2017 a diversas actuacións na Ribeiriña e no Conchido. Para os nacionalistas trátase dunha zona dende sempre esquecida polos distintos gobernos municipais. Segundo eles outras actuacións que poderian ir con cargo a este remanente de tesourería serían a construción dun parque infantil cuberto, a creación dun punto de encontro familiar, o acondicionamento da pista deportiva da antiga escola da Ponte Barbanza ou o arranxo do Polideportivo de Venecia. Suxerencias moitas delas que xa foran levadas a pleno polos nacionalistas e que, a pesar de seren aprobadas por unanimidade, aínda non foron executadas.
MOCIÓN relativa ao investimento do remanente de tesourería de 2017
O BNG presenta as súas propostas para o investimento do remanente de tesoureira do ano 2017
Os concellos do BNG póñense a disposición da Xunta para acoller as persoas refuxiadas do Aquarius
“Temos as portas abertas para acollelo@s porque queremos ser o reflexo dunha veciñanza que sabe o que é estar fora da súa casa para buscar unha vida mellor”, salienta o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero
Roteiro do Días das letras 2018
Este domingo ás 11:30h dende Ouxo faremos un ano máis o Roteiro do día das letras. Sinalizaremos os lugares por onde pasemos con lectura de textos e música. Poñendo en valor e recuperando a nosa toponímia e a nosa cultura.
Os orzamentos do Estado colocan Galiza outra vez por debaixo dos mil millóns de euros
Feijoo opta á sucesión de Rajoy, mais non fai valer o seu suposto peso político na repartición da tarta orzamental. Iso é o que se tira dos números grosos das contas estatais na súa plasmación territorial, que foron apresentados esta terza feira por Montoro
O BNG urxe a Portos de Galiza a executar melloras na zona portuaria da Pobra do Caramiñal
Mini recrimínalle á autoridade portuaria o pésimo resultado dun suposto investimento de 45.000€, e pide que os cartos públicos non se traduzan en “chapuzas”
O PP da un novo paso no desmantelamento do sistema público de saúde a aprobar en solitario unha “infame” reforma da actual Lei galega de saúde,
María Xosé Abuín: “Hoxe é un día de loito para a sanidade pública galega”.
Paulo Carril chama a dar unha resposta “firme e decidida” a este roubo de dereitos
O BNG da Pobra insta ó executivo a acometer con urxencia a mellora do Barrio dos Cataláns
Moción a debater no Pleno Ordinario marzo 2018
María Teresa Sobradelo: As mans que obran a arte do bou
Aprendeu a elaborar o singular aparello e agora transmite os seus coñecementos
O semanario Sermos Galiza publica en aberto un especial con motivo do Día da Muller
O Sermos Galiza 287 chega esta quinta feira aos quiosques cun A FONDO especial, de 16 páxinas, sobre o Día Internacional da Muller Traballadora. Faino coincidindo co histórico paro de mulleres que terá lugar mañá, 8 de marzo