MOCIÓN relativa ao arranxo e acondicionamento de espazos de lecer na contorna do campo da Alta e praia da Lombiña.

MOCIÓN relativa ao arranxo e acondicionamento de espazos de lecer na contorna do campo da Alta e praia da Lombiña.

Os terreos municipais anexos ao campo da Alta acondicionáronse en tempos como “merendeiro”, dotándoo de mesas, bancos, grellas, contedores de lixo e un  peche perimetral. Tamén en tempos, o goberno municipal acometeu a construción dun paseo dende este lugar ata a praia da Lombiña, onde ubicou un pequeno parque infantil. No traxecto incluíuse un miradoiro e colocáronse paneis informativos.

Pasados os anos xa pouco queda do que foi pola falta de mantemento e de coidado. Do mobiliario urbano do “merendeiro” apenas quedan 4 mesas, algunha xa sen bancos, ao peche perimetral fáltanlle tramos, como tamén sucede co do miradoiro do paseo e os paneis están ilexíbeis. O parque infantil tamén viviu mellores tempos.

Coa chegada da primavera e os días longos e soleados, a moitos veciños e veciñas, ademais dos visitantes, gústanos gozar deste entorno. Mais resulta desolador comprobar o estado de deterioro en que se atopa esta zona emblemática do concello e a inutilidade dos restos que quedan dalgunhas instalacións.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG propón á Corporación a adopción do seguinte ACORDO:

  1. O Goberno Municipal acometerá os arranxos necesarios para devolver a todo este entorno o aspecto e a utilidade que tivo antano e realizará de agora en diante os traballos de mantemento necesarios para que se conserven.
MOCIÓN relativa ao arranxo e acondicionamento de espazos de lecer na contorna do campo da Alta e praia da Lombiña.