da
Vídeo
O BNG da Pobra denuncia o incumprimento das iniciativas aprobadas en materia de igualdade

O BNG da Pobra denuncia o incumprimento das iniciativas aprobadas en materia de igualdade

O BNG da Pobra levará a pleno unha moción solicitando a execución das numerosas medidas en materia de igualdade aprobadas ó longo desta lexislatura. Denuncian que a pesar de ter sido aprobadas por unanimidade, a maior parte das mocións non chegaron a materializarse.

Ás portas da celebración do Día da Muller, o BNG da Pobra volve reclamar a necesidade de adoptar medidas a nivel local para garantir a igualdade real e acabar coa violencia de xénero.

Por estas razóns levarán ó pleno deste xoves unha moción censurando ó goberno por non ter materializado ningunha destas iniciativas e esixirán ó mesmo tempo que se poñan en marcha canto antes.

Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra pide que se aclare a titularidade dun cruceiro instalado en terreo privado

O BNG da Pobra pide que se aclare a titularidade dun cruceiro instalado en terreo privado

O BNG da Pobra volve interesarse pola posta en valor do patrimonio do municipio. Desta volta, levarán a pleno unha moción o vindeiro xoves para esclarecer a titularidade deste cruceiro, que ata mediados dos oitenta estivo situado na rampla de San Lázaro. Con motivo das obras do peirao comercial, os nacionalistas denuncian que foi trasladado de xeito irregular a esta propiedade privada. Ademais de aclarar a titularidade deste elemento patrimonial, o BNG demanda a apertura dun expediente sobre o seu traslado e a súa recuperación para o catálogo de bens públicos do concello. Así mesmo, solicitan que se instale nunha zona pública para o disfrute de tódolos veciños.

Ler novas
MUNICIPAL
safe_image

MOCIÓN en defensa da sanidade pública galega.

Moción presentada polo concelleiro do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas, Xosé Manuel Casal Sabín, para a súa inclusión e debate no Pleno do 31 de xaneiro de 2019.

Ler novas
MUNICIPAL
images

Moción a respecto da legalidade urbanística

Corre entre a veciñanza a idea de que a legalidade urbanística está ameazada no noso concello. Son numerosas as denuncias e comentarios que chegan a este Grupo Municipal preocupándose por actuacións potencialmente contrarias a un urbanismo correcto e legal.

Hoxe é unha beirarrúa privada que ocupa parte do espazo municipal. Mañá, cementadas realizadas sen os correspondentes permisos municipais. Poden ser portóns ou accesos tal vez ilegais por exceder os metros autorizados nos permisos concedidos a aquela vivenda e que invaden o camiño ou vía de comunicación.

Tamén hai casos de licenzas cuxa concesión ten que ser retirada unha vez algún particular denuncia, alertando ao servizo de urbanismo dunha incorrección non detectada previamente.

E sobran os casos de obras que non amosan o pertinente cartel especificando a información legal obrigatoria, dificultando a posibilidade de control sobre as mesmas.

Durante moitos anos esta área contou con un arquitecto técnico, contratado a tempo parcial e de xeito posibelmente alegal, e un segundo profesional de igual categoría incorporado para un traballo ou obra específica. Rexeitado o arquitecto técnico contratado a tempo parcial, non se contratou a ninguén para ocupar tal posto.

Esta situación non é nova, senón que se vén repetindo desde hai demasiados anos. Xa en 2008 o BNG presentara unha moción para que se contratase un arquitecto a tempo total en dedicación exclusiva, que tería un dobre efecto sobre a xestión municipal do urbanismo. Por un lado axilizar e controlar adecuadamente as licenzas urbanísticas e por outro poder elaborar e dirixir os proxectos municipais sen custo adicional.  

Tamén en xaneiro de 2016 debateu o Pleno unha moción do Grupo Socialista que propoñía “a contratación dun Arquitecto Superior para que os servizos técnicos municipais presten asesoramento cualificado á Corporación Municipal, vele polo cumprimento do Plan Xeral, controle as licencias urbanísticas e disciplina urbanística”. A resposta do goberno foi afirmar “que dende que chegamos a nosa intención é a de contratar un arquitecto, … que é importante e que ademais estea a xornada completa para disposición dos veciños.”

A pesares de ser aprobada cos votos do BNG, o PSOE e NP e de figurar tanto nos orzamentos de 2016 como nos de 2018 unha praza de Técnico/a de urbanismo a incorporación non se levou a cabo.

Polo anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal da Pobra do Caramiñal a adopción dos seguintes ACORDOS

1. Cubrir de xeito inmediato a praza de Arquitecto Superior aprobada en xaneiro de 2016.

2. Asignar ao servizo de urbanismo os recursos necesarios para restaurar e manter a legalidade urbanística.

3. Arbitrar procedementos de control que vixíen o cumprimento da normativa urbanística.

 

Ler novas
MUNICIPAL
2018092812194114709

O Pleno da Pobra do Caramiñal aproba unha moción apoiando aos 19 de Meirás

O BNG presentou onte, por vía de urxencia, unha moción ao pleno solicitando o apoio da corporación aos "19 de Meirás" que iniciaron hoxe as súas declaracións nos xulgados de Betanzos, tras a demanda criminal presentada pola familia do ditador e a Fundación Franco por realizar un “acto cívico, pacífico e democrático para reclamar que o Pazo de Meirás sexa devolto ao patrimonio galego”.

A moción foi aprobada polos votos a favor do BNG e NP, a abstención do PSOE e o voto en contra do PP

Ler novas