O BNG da Pobra reclama melloras no polideportivo de Venecia
Os nacionalistas poñen o acento na situación que presenta actualmente a cuberta que pon en perigo o uso da instalación. Demandan que o goberno municipal realice, coa máxima urxencia posible, unha actuación integral no pavillón polideportivo da rúa Venecia debido ás inumerables deficiencias que presenta a instalación. Unha das máis significativas atópase na cuberta do polideportivo que mesmo obrigou en máis dunha ocasión a ter que suspender algunha actividade deportiva programada. Tamén fan alusión ós problemas que presentan actualmente os vestiarios que precisan dunha renovación, as bancadas ou algúns dos elementos de xogo das instalacións como poden ser as canastras.
MOCIÓN relativa a melloras no polideportivo municipal de Venecia
Xosé Manuel Casal Sabín, concelleiro do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas neste Concello, presentou para a súa inclusión e debate na vindeira sesión plenaria, a seguinte MOCIÓN relativa a melloras no polideportivo municipal de Venecia