MOI POR DEBAIXO DO PROMEDIO ESTATAL

Os orzamentos do Estado colocan Galiza outra vez por debaixo dos mil millóns de euros

2018021313353287392

Feijoo opta á sucesión de Rajoy, mais non fai valer o seu suposto peso político na repartición da tarta orzamental. Iso é o que se tira dos números grosos das contas estatais na súa plasmación territorial, que foron apresentados esta terza feira por Montoro

Os orzamentos do Estado colocan Galiza outra vez por debaixo dos mil millóns de euros

Raramente veñen boas noticias da Moncloa para o candidato Feijóo. Esta vez tampouco foi a excepción. Os fondos destinados a Galiza no proxecto de orzamentos que Montoro entregou esta mañá á presidenta do Congreso, Ana Pastor, aumentan só 1,2 por cento a respeito de 2017. É un incremento moi inferior ao promedio estatal: os fondos a gastar nas distintas 'rexións' aumentan en 17 por cento.

O incremento en valores absolutos sobre 2017 é pírrico, só 12 millóns de euros, até totalizar 936,7 millóns. O retroceso a respeito de 2016 -daquela foron orzamentados 1.363,9- é brutal. É o segundo ano consecutivo en que Galiza non alcanza os mil millóns de euros nas contas estatais.

O aumento do 1,2 por cento de Galiza contrasta poderosamente coas subas experimentadas por outras comunidades: Castela-A Mancha (37,5%), Cantabria (36%), Euskadi (33,4%), Andalucía (27%), Estremadura (27%), Madrid (24%) ou Catalunya (17,3%).

©SermosGaliza

Os orzamentos do Estado colocan Galiza outra vez por debaixo dos mil millóns de euros