A respecto da estrada Ribeiriña-Freixo-Ouxo

29496340_10211284595211740_3955232737186545664_n
A respecto da estrada Ribeiriña-Freixo-Ouxo

Non é costume do BNG facer debate de asuntos municipais nas redes sociais, que entendemos máis como plataforma de información e comunicación cos veciños e veciñas, pero os comentarios do Alcalde sinalando ao BNG como culpable directo do mal estado da estrada a Ouxo supera o límite máis xeneroso.

Afirma o señor Alcalde que o estado actual da estrada a Ouxo é consecuencia da non aprobación da solicitude dun crédito extraordinario que NP levou a pleno. Ao BNG a proposta non nos parecía adecuada por ser pouco clara a respecto dos criterios a ter en conta para a selección das obras e pola pouca cantidade presupostada para as obras a realizar, neste caso da estrada a Ouxo eran 2.000€ para 1,5 Km. Aínda así o BNG non votou en contra, se non que nos abstivemos, pois entendiamos que era responsabilidade do goberno levar adiante, cos seus votos, as obras que escolleran. Tamén se abstivo o PSOE, e foi o voto en contra do PP o que impediu que o crédito se puidera realizar.

MINTE polo tanto o señor Alcalde cando di que o BNG votou en contra.

Aclarado o sucedido, o BNG quere poñer en destaque que o pleno non é o único xeito de afrontar e solucionar os problemas dos concellos como tampouco o é solicitar créditos bancarios para a realización deste tipo de obras. Os gobernos municipais teñen a posibilidade de acudir a outras administracións ou subvencións para levar adiante as actuacións necesarias en servizos básicos, como saneamento ou arranxo de estradas e pistas, para o beneficio da poboación, algo que o BNG leva reclamando desde o principio do mandato. E para mostra un botón: o goberno de NP pretendía asinar un creto por máis de 80.000€ para a construción dunhas instalacións para a recollida de animais. O pleno de xullo do 2017 rexeitou esa posibilidade e o goberno deuse toda a présa do mundo para buscar financiamento noutras Administracións (40.000€ polo canon dos parques eólicos situados no noso concello).

Deixen de botar a culpa aos outros e móvanse na procura de solucións aos problemas da Pobra do Caramiñal, que dende logo non van vir dende as homilías no facebook, senón do traballo cotián.

A respecto da estrada Ribeiriña-Freixo-Ouxo