Evidencia do cumprimento dos acordos plenarios
Solicitude do BNG a respecto do cumprimento dos acordos plenarios
Ramiro Ouviña Ouviña, concelleiro e portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas neste concello
EXPÓN
QUE con data 6 de xullo do pasado 2017 rexistrou (número de entrada 3366) no Concello unha solicitude cuxa literalidade é a seguinte:
QUE este grupo municipal ten presentadas mocións que, aprobadas no Pleno correspondente, incluían acordos polos que o goberno do concello tería que cursar comunicacións con outras administracións, tales como a Xunta de Galiza ou o Estado español, entre outros.
QUE tamén se dan as mesmas circunstancias con certas mocións dos outros grupos presentes na corporación.
QUE a confirmación de tales comunicacións non forman parte da información que o goberno municipal subministra habitualmente a este grupo do BNG-AA.
QUE dita información é de moita importancia para o desenvolvemento do traballo do BNG na defensa dos intereses das veciñas e veciños da Pobra do Caramiñal e tamén de todas as galegas e galegos.
QUE tal solicitude non foi atendida ata a data da sinatura, polo que novamente
SOLICITA
- Se proporcione a este grupo municipal evidencia escrita do cumprimento dos acordos recollidos nas mocións presentadas e aprobadas dende o Pleno ordinario de Marzo do 2016 e Xuño do 2017.
A Pobra do Caramiñal, 03 de xaneiro de 2018
Ramiro Ouviña Ouviña
Concelleiro e portavoz do G. M. do BNG na Pobra do Caramiñal
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A POBRA DO CARAMIÑAL