MOCIÓN relativa a permitir a circulación de vehículos de empresas funerarias en sentido descendente na rúa que discorre entre as fincas do Couto e de Aguiar.

c1913df4-b580-4b06-b6c2-7d3ba1fea95a
c1913df4-b580-4b06-b6c2-7d3ba1fea95a

O BNG solicita a posibilidade de tráfico descendente só para servizos funerarios.

MOCIÓN relativa a permitir a circulación de vehículos de empresas funerarias en sentido descendente na rúa que discorre entre as fincas do Couto e de Aguiar.

A condución de coches fúnebres dentro dos termos municipais vén pasando por transformacións que teñen que ver cos regulamentos, os hábitos circulatorios, o emprego de instalacións de referencia, como os tanatorios, e incluso os usos e costumes ditados pola tradición e a confesionalidade dos participantes.

No noso concello dáse a circunstancia de que os coches fúnebres, dende o tanatorio do Campo da Feira á igrexa parroquial de Santiago do Deán, deben facer este percorrido seguindo o trazado da estrada a Santa Cruz e as rúas Fernández Varela e Díaz de Rábago, imposibilitando o acompañamento do féretro polos familiares, o que non sucedería se se permitise o tránsito de ditos coches pola estreita rúa que discorre entre as fincas do Couto e da Casa Grande de Aguiar. Mais esta rúa é de sentido único en sentido contrario, por iso o camiño inverso, desde a igrexa ao Camposanto do Castelo si o realizan por aquí.

A mencionada rúa é demasiado estreita e longa para permitir o dobre sentido de circulación pero, tendo en conta que o tráfico rodado por ela é moi reducido, cabe pensar na posibilidade de establecer unha excepcionalidade para permitir que os servizos funerarios discorran en sentido non só ascendente senón tamén descendente cada vez que hai un enterro e/ou funeral, tomando as medidas de seguridade necesarias.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG propón á Corporación a adopción do seguinte ACORDO:

1. O Goberno Municipal manterá o sentido único de circulaciónna rúa entre as fincas do Couto e de Aguiar engadindo a excepción “Agásservizos funerarios”, permitindo o tránsito destes servizos cando procedan ao traslado desde o Tanatorio do Campo da Feira á igrexa de Santiago do Deán.

MOCIÓN relativa a permitir a circulación de vehículos de empresas funerarias en sentido descendente na rúa que discorre entre as fincas do Couto e de Aguiar.