Pregunta sobre o roubo de ferramenta no almacén do Camiño Ancho

Leaving_coorperate_crop380w
Pregunta sobre o roubo de ferramenta no almacén do Camiño Ancho

Ramiro Ouviña Ouviña, concelleiro e portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas neste concello

 

EXPÓN

 

QUE é comentario xeral que o almacén que o concello ten en aluguer no lugar do Camiño Ancho sufriu fai moi poucos días  roubos do material e ferramentas alí gardadas.

QUE os indicios apuntan a persoas baixo a protección dos servizos sociais do concello.

Polo exposto, este concelleiro, en representación do Grupo Municipal do BNG, presenta para a súa contestación urxente e por escrito as seguintes

PREGUNTAS

  1. Confirma o goberno municipal o roubo de ferramentas e/ou materiais no almacén do Camiño Ancho?
  2. En caso afirmativo,
  1. Denunciou  a incidencia ás forzas de seguridade correspondentes?
  2. Confirma o goberno municipal a implicación de persoas baixo a protección dos servizos sociais municipais?
  3. De ser afirmativo o punto b), que medidas pensa tomar o goberno municipal ao respecto da súa relación coas persoas ás que se fai referencia nese punto?
  4. Cal é o valor do roubado?

A Pobra do Caramiñal, 10 de xaneiro de 2018

 

 

Ramiro Ouviña Ouviña

Concelleiro e portavoz do G. M. do BNG-AA da Pobra do Caramiñal

 

 

 

 

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA  DO CARAMIÑAL               

Pregunta sobre o roubo de ferramenta no almacén do Camiño Ancho