pobra
Vídeo
O BNG da Pobra demanda medidas de seguridade no parque de Venecia

O BNG da Pobra demanda medidas de seguridade no parque de Venecia

O BNG da Pobra demanda máis medidas de seguridade no parque infantil de Venecia. Ademais do balado da zona de xogos piden que se retiren os bordos de formigón que poden supoñer un risco para os pequenos. Os nacionalistas fixéronse eco das queixas dalgúns pais a través da moción que veñen de presentar. Demandan máis seguridade no parque de Venecia con medidas como, por exemplo, o peche perimetral da zona de xogos por atoparse moi próximo á calzada. Solicitan tamén que se eliminen os bordillos de formigón que rodean o parque por supoñer un risco para os nenos, ademais de limitar o espazo destinado ó xogo.

Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra reclama melloras no polideportivo de Venecia

O BNG da Pobra reclama melloras no polideportivo de Venecia

Os nacionalistas poñen o acento na situación que presenta actualmente a cuberta que pon en perigo o uso da instalación. Demandan que o goberno municipal realice, coa máxima urxencia posible, unha actuación integral no pavillón polideportivo da rúa Venecia debido ás inumerables deficiencias que presenta a instalación. Unha das máis significativas atópase na cuberta do polideportivo que mesmo obrigou en máis dunha ocasión a ter que suspender algunha actividade deportiva programada. Tamén fan alusión ós problemas que presentan actualmente os vestiarios que precisan dunha renovación, as bancadas ou algúns dos elementos de xogo das instalacións como poden ser as canastras.

Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra demanda a reparación e limpeza das beirarrúas en mal estado

O BNG da Pobra demanda a reparación e limpeza das beirarrúas en mal estado

Unha boa parte das beirarrúas do concello, alá onde as hai, presentan un deterioro considerábel. En moitos casos as baldosas están rotas e/ou despegadas e abanean ao pisar, provocando salpicaduras cando chove, no mellor dos casos, podendo provocar accidentes nos viandantes no peor. Esta situación é especialmente apreciábel en rúas como as do Lagar, Atalaia, paseo dos Areos, Gasset, e outras.
Ler novas
Vídeo
Orzamentos municipais 2018

Orzamentos municipais 2018

Os orzamentos de 2018 son claramente electoralistas e irreais. Pretenden estas contas amosar unha situación de mellora a respecto dos anos anteriores, nomeadamente na comparación co ano 2016, único ano do mandato do seu goberno no que se aprobaron uns orzamentos en pleno.
Ler novas