pobra
Vídeo
Derrogación da LOMCE

Derrogación da LOMCE

Os concelleiros do BNG da Pobra Cristina Andrade e Ramiro Ouviña desprazáronse ata as portas do IES da Pobra para presentar unha moción que o seu grupo presentará ao proximo pleno da Pobra, e na que reixetan abertamente a LOMCE.
Ler novas
Vídeo
O Bloque Nacionalista da Pobra do Caramiñal demanda ao goberno local a mellora das infraestruturas deportivas do municipio

O Bloque Nacionalista da Pobra do Caramiñal demanda ao goberno local a mellora das infraestruturas deportivas do municipio

O Bloque Nacionalista da Pobra do Caramiñal demanda ao goberno local a mellora das infraestruturas deportivas do municipio. O seu concelleiro, Ramiro Ouviña, sinalou que existen carencias en varias instalacións destinadas ao deporte, coma na Alta ou no campo de fútbol de Cadreche. Por este motivo presentará unha moción para que o goberno de Nós Pobra faga efectivos os investimentos que non se levaron a cabo.

Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra denuncia o incumprimento das iniciativas aprobadas en materia de igualdade

O BNG da Pobra denuncia o incumprimento das iniciativas aprobadas en materia de igualdade

O BNG da Pobra levará a pleno unha moción solicitando a execución das numerosas medidas en materia de igualdade aprobadas ó longo desta lexislatura. Denuncian que a pesar de ter sido aprobadas por unanimidade, a maior parte das mocións non chegaron a materializarse.

Ás portas da celebración do Día da Muller, o BNG da Pobra volve reclamar a necesidade de adoptar medidas a nivel local para garantir a igualdade real e acabar coa violencia de xénero.

Por estas razóns levarán ó pleno deste xoves unha moción censurando ó goberno por non ter materializado ningunha destas iniciativas e esixirán ó mesmo tempo que se poñan en marcha canto antes.

Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra pide que se aclare a titularidade dun cruceiro instalado en terreo privado

O BNG da Pobra pide que se aclare a titularidade dun cruceiro instalado en terreo privado

O BNG da Pobra volve interesarse pola posta en valor do patrimonio do municipio. Desta volta, levarán a pleno unha moción o vindeiro xoves para esclarecer a titularidade deste cruceiro, que ata mediados dos oitenta estivo situado na rampla de San Lázaro. Con motivo das obras do peirao comercial, os nacionalistas denuncian que foi trasladado de xeito irregular a esta propiedade privada. Ademais de aclarar a titularidade deste elemento patrimonial, o BNG demanda a apertura dun expediente sobre o seu traslado e a súa recuperación para o catálogo de bens públicos do concello. Así mesmo, solicitan que se instale nunha zona pública para o disfrute de tódolos veciños.

Ler novas
Vídeo
Parque arqueolóxico da Idade do Ferro: os castros dos praestamáricos

Parque arqueolóxico da Idade do Ferro: os castros dos praestamáricos

O BNG da Pobra do Caramiñal solicita a realizacion dos trámites necesarios para que este concello se adhira ao convenio para por en marcha o proxecto “Parque arqueolóxico da Idade de Ferro: os castros dos praestamáricos” en colaboracion coa Deputación xunto aos concellos de Boiro, Porto do Son , Rianxo e Ribeira

Ler novas
MUNICIPAL
2018092812194114709

O Pleno da Pobra do Caramiñal aproba unha moción apoiando aos 19 de Meirás

O BNG presentou onte, por vía de urxencia, unha moción ao pleno solicitando o apoio da corporación aos "19 de Meirás" que iniciaron hoxe as súas declaracións nos xulgados de Betanzos, tras a demanda criminal presentada pola familia do ditador e a Fundación Franco por realizar un “acto cívico, pacífico e democrático para reclamar que o Pazo de Meirás sexa devolto ao patrimonio galego”.

A moción foi aprobada polos votos a favor do BNG e NP, a abstención do PSOE e o voto en contra do PP

Ler novas
Vídeo
20062018 06 BNG POBRA

20062018 06 BNG POBRA

Segundo explicou o concelleiro Manel Casal, o Museo Valle-Inclán , pese a ser unha das poucas instalacións museísticas das que dispón este concello, chegando a ter unha media de 11.000 visitantes por ano, conta con moitas deficiencias que impiden unha atención adecuada.

Ler novas