Venecia
Vídeo
Mellora da seguridade do Parque infantil da rúa Venecia

Mellora da seguridade do Parque infantil da rúa Venecia

A concelleira do BNG, Cristina Andrade desprazouse ata ao parque infantil da rúa Venecia acompañada do concelleiro Ramiro Ouviña para dar conta das carencias en materia de seguridade que presenta este parque infantil, incumprindo a norma de seguridade de parques infantís de Galicia.

Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra demanda medidas de seguridade no parque de Venecia

O BNG da Pobra demanda medidas de seguridade no parque de Venecia

O BNG da Pobra demanda máis medidas de seguridade no parque infantil de Venecia. Ademais do balado da zona de xogos piden que se retiren os bordos de formigón que poden supoñer un risco para os pequenos. Os nacionalistas fixéronse eco das queixas dalgúns pais a través da moción que veñen de presentar. Demandan máis seguridade no parque de Venecia con medidas como, por exemplo, o peche perimetral da zona de xogos por atoparse moi próximo á calzada. Solicitan tamén que se eliminen os bordillos de formigón que rodean o parque por supoñer un risco para os nenos, ademais de limitar o espazo destinado ó xogo.

Ler novas
Vídeo
MOCION POLIDEPORTIVO VENECIA

MOCION POLIDEPORTIVO VENECIA

O BNG da Pobra presenta unha moción para o seu debate no próximo pleno solicitando o arranxo das deficiencias que presenta o polideportivo Venecia, e tamén a elaboración dun plan de mantemento máis intenso que o actual que permita manter a instalación en óptimas condicións de uso.
Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra reclama melloras no polideportivo de Venecia

O BNG da Pobra reclama melloras no polideportivo de Venecia

Os nacionalistas poñen o acento na situación que presenta actualmente a cuberta que pon en perigo o uso da instalación. Demandan que o goberno municipal realice, coa máxima urxencia posible, unha actuación integral no pavillón polideportivo da rúa Venecia debido ás inumerables deficiencias que presenta a instalación. Unha das máis significativas atópase na cuberta do polideportivo que mesmo obrigou en máis dunha ocasión a ter que suspender algunha actividade deportiva programada. Tamén fan alusión ós problemas que presentan actualmente os vestiarios que precisan dunha renovación, as bancadas ou algúns dos elementos de xogo das instalacións como poden ser as canastras.

Ler novas