MOCIÓN relativa a mellorar a seguridade no parque infantil da rúa Venecia.

WhatsApp Image 2018-06-22 at 09.37.57

Moción presentada polo BNG da Pobra para debate no Pleno Ordinario de xuño 2018

MOCIÓN relativa a mellorar a seguridade no parque infantil da rúa Venecia.

Os pais e nais que levan aos seus fillos ao parque infantil da rúa Venecia maniféstanse preocupados porque as medidas de seguridade son insuficientes e temen que se poida producir algún accidente cando ás crianzas lles escapa algunha pelota debido á proximidade da calzada e a inexistencia de medios de protección.

Galiza conta cunha normativa propia, adaptada á europea, relativa á seguridade nos parques infantís, exposta nos decretos 306/1997 de 23 de outubro e 245/2003 de 24 de abril.

Neste último decreto especifícase no capítulo II (Requisitos xerais dos parques infantís), artigo terceiro, punto 2: “As superficies previstas para o xogo deberán estar debidamente acotadas dunha forma segura  e separadas do tráfico rodado mediante un distanciamento mínimo de 30 metros ou ben a través da súa separación por medios naturais ou artificiais que protexan aos menores do perigo derivado do seu acceso inmediato á calzada”.

Á marxe do que indica a normativa, é obvio que o parque da rúa Venecia, rodeado por tres rúas con tráfico rodado, non conta coas medidas de seguridade precisas. Ademais, no seu desenvolvemento arquitectónico conta con algunhas zonas, fundamentalmente a máis próxima ás pistas de tenis, con desniveis pouco apropiados e bordos de formigón que tamén menoscaban a seguridade das crianzas. 

                Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG propón á Corporación a adopción dos seguintes acordos:

Dotar ao parque da rúa Venecia das medidas de seguridade e protección necesarias para evitar o acceso directo á calzada dos nenos e nenas, de maneira que se aproveite ao máximo o terreo público para o xogo das crianzas, e

Eliminar os desniveis e elementos de formigón que bordean o parque a carón das pistas de tenis.

MOCIÓN relativa a mellorar a seguridade no parque infantil da rúa Venecia.