O Pleno da ignominia.

Pucheirazo de Nós Pobra e o PSOE para pagar amiguismos
O Pleno da ignominia.

O BNG da Pobra está absolutamente abraiado e decepcionado do comportamento antidemocrático de Nós Pobra, e por complicidade necesaria, do PSOE ao convocar a toda presa un pleno extraordinario e urxente para hoxe martes, día 1 de outubro, ás oito e media da tarde.
Faltoulle tempo á “exemplar e democrática asemblea de Nós Pobra” e ao non menos democrático PSOE para aproveitar que a renuncia dos dous concelleiros do BNG dáballe unha temporal maioría ao seu goberno diante do PP. E convocaron un pleno co único obxectivo de aprobar pola porta de atrás, de xeito espurio, os salarios da concelleira de obras e a persoa - e o salario - para o persoal eventual.

O BNG, que mantivo conversas con Nós Pobra para ver de formar un goberno de coalición que fora quen de pensar e realizar todas as obras e necesidades que a nosa vila ten, debateu cada un dos puntos con absoluta clareza e honestidade, pero nunca, e isto quere dicir NUNCA, aceptou que os cartos do concello serviran para contentar egos e manter contentas as faccións que forman a asemblea de Nos Pobra. Dixémolo unha e outra vez, os criterios que debían servir para escoller ao persoal eventual que coordinara un goberno de coalición, tripartito, tiñan que ser profesionais e, dende logo, de consenso. Non o pensaba así Nós Pobra e de aí esta traizón ao sentido democrático de representación proporcional. Por boca da concelleira Sra. Varela e do alcalde Sr. Piñeiro, escoitamos, soubemos, que o posto tiña que ser para “un referente de NP”, ou sexa, para pagar favores e lealdades.

Pois por aí o BNG non pasa.

Verémonos, novamente, nos plenos.

O Pleno da ignominia.