Propostas do BNG para os plans da Deputación da Coruña (POS 2020)

mariscadores 2 (2)
O BNG da Pobra apoia as reivindicacións da Confraría e da veciñanza da Ribeiriña e Conchido e pide a súa inclusión no POS 2020
Propostas do BNG para os plans da Deputación da Coruña (POS 2020)

O pasado 25 de outubro o pleno da Deputación da Coruña aprobou as bases reguladoras do Plan Único para o ano 2020, correspondéndolle ao noso concello un total de 385.261,27€ a espera de que esta cantidade poda ser aumentada en base a remanentes da propia Deputación.

Dende o BNG consideramos que son varias as actuacións que levan sendo reivindicadas desde fai moito tempo e que poden ser acometidas con esta axuda. Así pois e para que os servizos técnicos do concello teñan o tempo suficiente para elaborar os proxectos correspondentes, presentamos a proposta de aprobar en pleno, para a incorporación neste plan da Deputación, as actuacións que a continuación expoñemos:

A Confraría da Pobra do Caramiñal é unha entidade fundamental no tecido económico do noso concello. Fai tempo que levan reivindicando a dotación dunha infraestrutura onde poder mudarse, ter armarios e outros servizos fundamentais para as súas tarefas. Esa dotación é imprescindíbel para mellorar as súas condicións de traballo e evitar moitas situacións que non son de recibo na sociedade actual. Do mesmo xeito, e para axudar a erradicar o furtivismo, consideran necesario a colocación dun foco na zona de San Antón aproveitando xa infraestruturas existentes.  

Por outro lado, o Camiño Real ao seu paso pola Ribeiriña e o Conchido está nunha situación de deterioro e mal estado que precisa dunha atención inmediata para o seu arranxo que ven sendo reclamada tanto polos veciños e veciñas como polo BNG, que xa presentou diversas iniciativas a este respecto. 

En base ao exposto, o Grupo Municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes

A C O R D OS

1.- Presentar ao Plan Único 2020 da Deputación da Coruña o proxecto para a dotación dunha infraestrutura para uso da Confraría da Pobra do Caramiñal que permita o seu uso como vestiario e zona de servizo para os e as membros da mesma. E do mesmo xeito a colocación dun  foco na zona de San Antón que permita a iluminación suficiente para axudar ao combate do furtivismo.

2.- Presentar ao Plan Único 2020 da Deputación da Coruña o proxecto para o arranxo e mellora do Camiño Real ao seu paso pola Ribeiriña e o Conchido.

Propostas do BNG para os plans da Deputación da Coruña (POS 2020)