bng
Vídeo
16102018 07 BNG POBRA EMPREGO

16102018 07 BNG POBRA EMPREGO

A concelleira do BNG Cristina Andrade, destacou esta mañá que malia ter presentado distintas iniciativas para dinamizar o emprego, xerar postos de traballo, e fixar poboación, o goberno de Nos Pobra non tomou en conta nengunha.

Ler novas
Vídeo
Axudas á escolarización 2018

Axudas á escolarización 2018

O BNG da Pobra critica o retraso na tramitación das axudas á escolarización, e o curto prazo dado as familias para presentar as solicitudes, por todo elo levarán unha batería de preguntas ao próximo Pleno, para aclarar que foi o que aconteceu.

Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra propón á corporación

O BNG da Pobra propón á corporación

Trala posta en liberdade dos cinco membros de “A Manada” e condeados a 9 anos de cadea por ter abusado sexualmente dunha moza de 18 anos durante os Sanfermíns de 2016, o grupo de BNG considera que debería darse un paso dende os concellos e amosar o apoio a vítima e o rexeitamento de estes feitos.
Ler novas
Vídeo
O BNG demanda a reversión das zonas portuarias que non se dediquen a usos profesionais

O BNG demanda a reversión das zonas portuarias que non se dediquen a usos profesionais

O BNG do Barbanza demanda a reversión dos terreos portuarios que non se destinan a usos profesionais. Pretende así que as zonas integradas no espazo urbano non estean suxeitas ó pago de taxas que consideran abusivas. O BNG demanda que espazos como paseos, alamedas e aparcadoiros en terreos portuarios non destinados a usos profesionais pasen a ser de titularidade municipal posto que se atopan integrados na dinámica urbana dos distintos municipios. Ademais da reversión destas zonas, os nacionalistas amosan a súa preocupación ante as numerosas deficiencias que presentan os portos da comarca.

Ler novas
Vídeo
Solicitude pola protección da praia da Corna

Solicitude pola protección da praia da Corna

Os nacionalistas xa realizaran unha petición similar a través dunha moción no pleno de xuño de 2016, moción que foi aprobada e na que se instaba ao concello a iniciar o procedemento de declaración como protexido do ecosistema da Corna.

Ler novas
Novas
2018070414412552281

O BNG celebra o Día da Patria baixo o lema “Sumar por Galiza” a todas as persoas que creen no país

A portavoz nacional, Ana Pontón, presentou hoxe a campaña do BNG de celebración do Día da Patria de 2018 baixo o lema Sumar por Galiza, que conmemora tamén o 50 aniversario desde que en 1968, -tras décadas de parón pola ditadura franquista-, o nacionalismo galego recuperase a manifestación nas rúas de Compostela para celebrar o 25 de Xullo.

Naquela data, a policía fascista arremeteu contra as persoas manifestantes que, ano tras ano, seguiron tentando chegar até a emblemática Praza da Quintana, pero que non lograron conquistar ata 1983, tras unha sentada de oito horas na cidade vella de Santiago. Así o relatou Lois Diéguez, histórico militante quen participou nesa reivindicación do 68 e que, xunto con María Alonso, militante viguesa de 17 anos que acudirá a súa segunda celebración do 25 de xullo, acompañaron a Pontón na presentación da campaña.

Medio século no que a defensa de Galiza como nación “é hoxe tan revolucionaria como fai cinco décadas”, salientou Pontón, “e tamén hoxe o nacionalismo significa a esperanza dun cambio real para deixar atrás precariedade, emigración e a discriminación a este país”. A dirixente do Bloque amosou o seu orgullo de liderar “unha organización con historia” que, ademais, “segue a ser a mellor ferramenta política para defender Galiza e avanzar colectivamente”.

A campaña do Día da Patria está centrada na idea de Sumar por Galiza a todas as persoas que, mesmo desde diferentes visións, comparten a idea de que este pobo debe gobernarse a si mesmo escribindo o seu propio guión.

“50 anos sumando por Galiza desde a diferencia, con diferentes visións do país, pero cun punto en común: O convencemento de que temos dereito e somos capaces de gobernarnos a nós mesmas, a nós mesmos e non precisamos que nos marquen o camiño desde fora”. Esa é idea que expresamos neste 25 de xullo, que o diferente suma, que temos unha visión aberta e queremos aportar desde aquí ao resto do mundo”, salientou.

Desbordar Santiago

Pontón fixo un chamamento “a desbordar” as rúas de Compostela o 25 de xullo “para sumar a todas as persoas que levan Galiza na cabeza e no corazón” cun BNG “coa man tendida e as portas abertas” para construír un país “onde a xente moza como María non teña que coller a porta da emigración ou quen traballou toda a súa vida como Lois non sexa obrigado a loitar por unhas pensións dignas”.

Con ese obxectivo, “é clave fortalecer proxectos políticos propios como o BNG, para que Galiza non sexa un simple escenario do pim-pam-pum das forzas políticas estatais que mudan o seu discurso en función de se están no goberno ou na oposición, e nese escenario os galegos e as galegas sempre saímos perdendo”.

Emoción e orgullo no 25 de xullo

A dirixente nacionalista insistiu no chamamento para sumar arredor “dun nacionalismo emancipador, forte, aberto e moderno desde o que construír un futuro mellor para Galiza, cun BNG coa man tendida para quen queira traballar na defensa deste país e deste pobo”, concluíu.

Desde a experiencia na loita de Lois Diéguez á xuventude de María Alonso, ambos explicaron a “emoción e o orgullo” compartidos pola celebración dun sentimento de nación compartido que cada ano enche A Quintana. “Moita esperanza no que representan Ana e María”, destacou Lois, “e a ilusión de ver a tanta xente moza saíndo ás rúas loitando polos nosos dereitos” que expresou María, ante unha Ana Pontón que tamén lembrou a súa primeira manifestación do 25 de xullo, “a que vin desde Sarria con 17 anos e sen permiso dos meus pais”, confesou.

©bng.gal

Ler novas