bng
Vídeo
Mellora da seguridade do Parque infantil da rúa Venecia

Mellora da seguridade do Parque infantil da rúa Venecia

A concelleira do BNG, Cristina Andrade desprazouse ata ao parque infantil da rúa Venecia acompañada do concelleiro Ramiro Ouviña para dar conta das carencias en materia de seguridade que presenta este parque infantil, incumprindo a norma de seguridade de parques infantís de Galicia.

Ler novas
Vídeo
20062018 06 BNG POBRA

20062018 06 BNG POBRA

Segundo explicou o concelleiro Manel Casal, o Museo Valle-Inclán , pese a ser unha das poucas instalacións museísticas das que dispón este concello, chegando a ter unha media de 11.000 visitantes por ano, conta con moitas deficiencias que impiden unha atención adecuada.

Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra demanda medidas de seguridade no parque de Venecia

O BNG da Pobra demanda medidas de seguridade no parque de Venecia

O BNG da Pobra demanda máis medidas de seguridade no parque infantil de Venecia. Ademais do balado da zona de xogos piden que se retiren os bordos de formigón que poden supoñer un risco para os pequenos. Os nacionalistas fixéronse eco das queixas dalgúns pais a través da moción que veñen de presentar. Demandan máis seguridade no parque de Venecia con medidas como, por exemplo, o peche perimetral da zona de xogos por atoparse moi próximo á calzada. Solicitan tamén que se eliminen os bordillos de formigón que rodean o parque por supoñer un risco para os nenos, ademais de limitar o espazo destinado ó xogo.

Ler novas
Vídeo
O BNG demanda a ampliación do horario do museo Valle-Inclán

O BNG demanda a ampliación do horario do museo Valle-Inclán

O BNG da Pobra demanda a ampliación do horario de apertura do Museo Valle-Inclán. Ante a polémica xurdida en relación cos peches, os nacionalistas esixen que se resolva o proceso de contratación de persoal técnico para garantir o servizo no museo. A polémica saltaba a principios desta semana a raíz dos cambios no cartel dos horarios do museo nos que podía interpretarse que pecharía pola tarde durante todo o verán. Aínda que dende o executivo xa procederon a subsanar o presunto erro, os nacionalistas denuncian as deficiencias na atención ó público, cun horario de apertura limitada e sen unha web actualizada que permita acceder á información do centro e os seus fondos.Dende o BNG entenden que esta situación é froito da falta de persoal posto que segue paralizado o proceso de contratación dun técnico para o museo, iniciado hai máis dun ano.

Ler novas
Vídeo
O BNG pide destinar parte do remanente de 2017 a melloras na Ribeiriña 140618

O BNG pide destinar parte do remanente de 2017 a melloras na Ribeiriña 140618

Para os nacionalistas existe unha débeda histórica con esta zona amplamente degradada. O BNG trasladaralle no próximo pleno ó executivo de Nós Pobra a posibilidade de investir parte dos máis de 720 mil euros correspondentes ó remanente de tesourería de 2017 a diversas actuacións na Ribeiriña e no Conchido. Para os nacionalistas trátase dunha zona dende sempre esquecida polos distintos gobernos municipais. Segundo eles outras actuacións que poderian ir con cargo a este remanente de tesourería serían a construción dun parque infantil cuberto, a creación dun punto de encontro familiar, o acondicionamento da pista deportiva da antiga escola da Ponte Barbanza ou o arranxo do Polideportivo de Venecia. Suxerencias moitas delas que xa foran levadas a pleno polos nacionalistas e que, a pesar de seren aprobadas por unanimidade, aínda non foron executadas.

Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra reclama melloras no polideportivo de Venecia

O BNG da Pobra reclama melloras no polideportivo de Venecia

Os nacionalistas poñen o acento na situación que presenta actualmente a cuberta que pon en perigo o uso da instalación. Demandan que o goberno municipal realice, coa máxima urxencia posible, unha actuación integral no pavillón polideportivo da rúa Venecia debido ás inumerables deficiencias que presenta a instalación. Unha das máis significativas atópase na cuberta do polideportivo que mesmo obrigou en máis dunha ocasión a ter que suspender algunha actividade deportiva programada. Tamén fan alusión ós problemas que presentan actualmente os vestiarios que precisan dunha renovación, as bancadas ou algúns dos elementos de xogo das instalacións como poden ser as canastras.

Ler novas
Vídeo
O BNG demanda maior accesibilidade en varias vías e zonas públicas da Pobra do caramiñal

O BNG demanda maior accesibilidade en varias vías e zonas públicas da Pobra do caramiñal

Os nacionalistas da Pobra levarán a pleno unha moción sobre a necesidade de mellorar a accesibilidade en varias vías e edificios públicos do municipio. Entre os lugares que presentan maiores dificultades, os nacionalistas sinalan o entorno do adro do Caramiñal cunha pavimentación inadecuada para o tránsito de persoas con mobilidade reducida. Ademais de eliminar os atrancos nas beirarrúas e garantir a seguridade nos accesos a esta zona, os nacionalistas instan ó goberno a establecer zonas 30 e de plataforma única.
Ler novas
Vídeo
Roteiro do BNG da Pobra

Roteiro do BNG da Pobra

Seguindo a liña dos últimos anos, o BNG da Pobra do Caramiñal vai levar a cabo unha actividade lúdica e reivindicativa o próximo domingo día 20, para conmemorar o Día das Letras Galegas e convida a participar a todos os veciños e veciñas.

Ler novas
Vídeo
MOCIÓN relativa á propiedade dunha parcela na Ribeiriña

MOCIÓN relativa á propiedade dunha parcela na Ribeiriña

Na Ribeiriña hai unha parcela situada fronte ao antigo almacén da Onza de Ouro, ao pé da AC-305, sobre a que hai, nese lugar do noso concello, un forte debate ao respecto da súa titularidade. Son moitos os veciños e veciñas que aseguran que esa parcela é de titularidade pública.
Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra demanda a reparación e limpeza das beirarrúas en mal estado

O BNG da Pobra demanda a reparación e limpeza das beirarrúas en mal estado

Unha boa parte das beirarrúas do concello, alá onde as hai, presentan un deterioro considerábel. En moitos casos as baldosas están rotas e/ou despegadas e abanean ao pisar, provocando salpicaduras cando chove, no mellor dos casos, podendo provocar accidentes nos viandantes no peor. Esta situación é especialmente apreciábel en rúas como as do Lagar, Atalaia, paseo dos Areos, Gasset, e outras.
Ler novas