O BNG arranca a precampaña das Municipais coa proclamación dos candidatos e candidatas das grandes cidades
Ana Pontón: "As eleccións locais son o primeiro paso para o cambio político que Galiza precisa e que aspiramos a liderar"
As forzas políticas estatais demostran cos feitos que se alternan na discriminación a este país, denuncia
A dez anos da quebra de Lehman Brothers
Hoxe, 15 de setembro, cúmprense dez anos da quebra de Lehman Brothers, daquela o cuarto banco de investimento dos EEUU. O goberno do republicano George W Bush negouse a rescatalo e deu comezo á crise das hipotecas lixo, que contaminou todo o sistema bancario mundial.
Ana Pontón pregunta a Feixóo pola situación da sanidade pública galega.
O Parlamento investigará as consecuencias dos recortes en Sanidade e pedirá a comparecencia de Feixóo
O BNG propón un plan de mellora da atención primaria que garanta dúas equipas completas con persoal médico e de enfermería en todos os centros de urxencia do país e pide o cese do conselleiro de Sanidade
O fiscal que acusou a Bóveda e tantas outras historias da familia Rivero de Aguilar
A Pobra do Caramiñal e o xuízo e asasinato de Alexandre Bóveda
Ana Pontón: “O BNG é a casa común de todas as persoas que queren Sumar por Galiza”
Ofrece “brazos abertos” para liderar o novo tempo político que vai empezar nas eleccións municipais. “Só o BNG garante un cambio real porque é o único que actúa coa cabeza e o corazón neste país”, proclama
Pide ambición para dar un “salto adiante” no apoio social e acabar co “silencio e abandono” que as fozas estatais reservan a Galiza
A organización do Festigal abre o prazo de inscrición para o voluntariado
Este evento enriquece a participación grazas ao valor social e as sinerxías que se crean ao traballar en equipo de xeito solidario e con ideas
O BNG denuncia as taxas abusivas de Portos de Galiza aos concellos
Ana Pontón pide eximir aos concellos das taxas portuarias, desafectar os espazos portuarios para convertelos en terreos municipais e modificar o réxime de sancións aos concellos con portos
A miña bandeira...
É obvio, sabémolo. Mais convén lembralo e dicilo clariño. Non todos os símbolos son iguais nin representan o mesmo. Os nosos, como a bandeira da patria, son símbolos de liberdade, dereitos, fraternidade, respecto, emancipación. A nosa bandeira son todas as causas xustas e a vontade de construír vida digna para todas as persoas. A nosa bandeira é moitas cousas.
Presentación Día da Patria Galega 2018.
Ana Pontón, Lois Diéguez e María Alonso presenta a campaña do Día da Patria Galega 2018.
O BNG celebra o Día da Patria baixo o lema “Sumar por Galiza” a todas as persoas que creen no país
A portavoz nacional, Ana Pontón, presentou hoxe a campaña do BNG de celebración do Día da Patria de 2018 baixo o lema Sumar por Galiza, que conmemora tamén o 50 aniversario desde que en 1968, -tras décadas de parón pola ditadura franquista-, o nacionalismo galego recuperase a manifestación nas rúas de Compostela para celebrar o 25 de Xullo.
Naquela data, a policía fascista arremeteu contra as persoas manifestantes que, ano tras ano, seguiron tentando chegar até a emblemática Praza da Quintana, pero que non lograron conquistar ata 1983, tras unha sentada de oito horas na cidade vella de Santiago. Así o relatou Lois Diéguez, histórico militante quen participou nesa reivindicación do 68 e que, xunto con María Alonso, militante viguesa de 17 anos que acudirá a súa segunda celebración do 25 de xullo, acompañaron a Pontón na presentación da campaña.
Medio século no que a defensa de Galiza como nación “é hoxe tan revolucionaria como fai cinco décadas”, salientou Pontón, “e tamén hoxe o nacionalismo significa a esperanza dun cambio real para deixar atrás precariedade, emigración e a discriminación a este país”. A dirixente do Bloque amosou o seu orgullo de liderar “unha organización con historia” que, ademais, “segue a ser a mellor ferramenta política para defender Galiza e avanzar colectivamente”.
A campaña do Día da Patria está centrada na idea de Sumar por Galiza a todas as persoas que, mesmo desde diferentes visións, comparten a idea de que este pobo debe gobernarse a si mesmo escribindo o seu propio guión.
“50 anos sumando por Galiza desde a diferencia, con diferentes visións do país, pero cun punto en común: O convencemento de que temos dereito e somos capaces de gobernarnos a nós mesmas, a nós mesmos e non precisamos que nos marquen o camiño desde fora”. Esa é idea que expresamos neste 25 de xullo, que o diferente suma, que temos unha visión aberta e queremos aportar desde aquí ao resto do mundo”, salientou.
Desbordar Santiago
Pontón fixo un chamamento “a desbordar” as rúas de Compostela o 25 de xullo “para sumar a todas as persoas que levan Galiza na cabeza e no corazón” cun BNG “coa man tendida e as portas abertas” para construír un país “onde a xente moza como María non teña que coller a porta da emigración ou quen traballou toda a súa vida como Lois non sexa obrigado a loitar por unhas pensións dignas”.
Con ese obxectivo, “é clave fortalecer proxectos políticos propios como o BNG, para que Galiza non sexa un simple escenario do pim-pam-pum das forzas políticas estatais que mudan o seu discurso en función de se están no goberno ou na oposición, e nese escenario os galegos e as galegas sempre saímos perdendo”.
Emoción e orgullo no 25 de xullo
A dirixente nacionalista insistiu no chamamento para sumar arredor “dun nacionalismo emancipador, forte, aberto e moderno desde o que construír un futuro mellor para Galiza, cun BNG coa man tendida para quen queira traballar na defensa deste país e deste pobo”, concluíu.
Desde a experiencia na loita de Lois Diéguez á xuventude de María Alonso, ambos explicaron a “emoción e o orgullo” compartidos pola celebración dun sentimento de nación compartido que cada ano enche A Quintana. “Moita esperanza no que representan Ana e María”, destacou Lois, “e a ilusión de ver a tanta xente moza saíndo ás rúas loitando polos nosos dereitos” que expresou María, ante unha Ana Pontón que tamén lembrou a súa primeira manifestación do 25 de xullo, “a que vin desde Sarria con 17 anos e sen permiso dos meus pais”, confesou.
©bng.gal
Rianxo saca a sua mellor cara amosando unha vila libre de condutas homófobas
Rianxo presenta un cartel de actividades de apoio ao colectivo LGTB. Esta e a primeira vez que o concello organiza esta campaña sumándose aos actos en apoio a este colectivo.
Feixóo, o presidente das cero transferencias para Galiza
A xuntanza esta segunda feira do lehendakari Iñigo Urkullu co presidente do Goberno central rematou cun acordo: a creación dunha comisión bilateral entre os dous Executivos para negociar o trasapaso a Euskadi de 37 competencias. En xullo será o presidente galego quen visite a Moncloa. Chega a esa xuntanza cunha bagaxe inédita: cero transferencias a Galiza nos seus mandatos.