Novas
2018061015523386635

Ana Pontón: “Feixóo ten que escoitar o clamor social contra a bomba ambiental da mina de Touro-O Pino”

A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a participación do BNG na manifestación convocada pola Plataforma Mina Touro-O Pino, NON que congregou en Santiago a milleiros de persoas nunha causa común: Parar un proxecto de megaminería espoliadora e contaminante con consecuencias letais para os concellos afectados, en termos ambientais, económicos e sociais.

“Unha mensaxe para Feixóo: Que abandono ese proceso de reflexión serena no que está inmerso coa mirada posta en Madrid, e erga os ollos para ver con claridade o que lle están dicindo miles de galegos e de galegas nas rúas, que non queremos ese proxecto de megaminería”, salientou Pontón.

A dirixente do Bloque apelou ao custe ambiental que pon en risco o territorio, ao custe económico que pon en risco o emprego no medio rural non só nos concellos directamente implicados, -Touro e O Pino-, tamén os da comarca e ás rías de Arousa e Noia, xa que todos se verían afectados pola contaminación dos acuíferos e dos ríos, en particular do Ulla, poñendo en risco milleiros de empregos no sector da pesca e do marisqueiro.

“E tamén é unha cuestión do modelo de desenvolvemento que queremos para Galiza, non pode basearse no espolio dos nosos recursos naturais senón no apoio aos nosos sectores produtivos”, argumentou a portavoz do BNG, “e iso é o que está dicindo unha maioría social na rúa, onde estamos persoas diferentes pero unidas por unha causa común que é parar esa bomba ambiental da mina de Touro- O Pino”.

Por iso, recalcou, “é hora de que Feixóo asuma a súa responsabilidade como presidente e despois desta mobilización anuncie que vai dicir non a reapertura desta mina”, proclamou Pontón, convencida de que a mobilización social “conseguirá parar a mina de Touro- O Pino como antes logramos parar a de Corcoesto, tamén triunfará neste caso e imos parar esta nova bomba ambiental”.

34862171_1646752855374337_7298953897693937664_o©bng.gal

 

 

 

 

 

Ler novas
Vídeo
Homenaxe a Benedicto: Polo mar da liberdade

Homenaxe a Benedicto: Polo mar da liberdade

Concerto en homenaxe a Benedicto no Teatro Principal de Compostela, ano 2014. Nel participaron os portugueses João Afonso, Fanhais e Freire, ademais de Miro Casabella, Antón Seoane, Uxía Senlle, Narf e a propia Orquestra Valdeorras. Aquela noite cantáronse algúns dos seus temas máis coñecidos, dende No Vietnam a Can de Palleiro, finalizando cunha sentida homenaxe e recoñecemento a Benedicto.

Ler novas
benedicto

Morre Benedicto, a voz que cantou á liberdade

O cantor de intervención e sindicalista Benedicto García Vilar morreu esta segunda feira en Santiago de Compostela, onde nacera hai 71 anos. Con el extínguese parte da memoria fundacional da Nova Canción Galega e a canción antifranquista.

Ler novas
2018051518002077520

As vidas de María Victoria Moreno

A cuarta muller á que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas naceu na Extremadura española, optou politicamente polo galego e fixo da docencia e a escrita para a infancia os eixos dunha vida a prol dunha cultura en liberdade. Un feixe de libros repasan a súa obra e biografía. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 296.

Ler novas
2018022811493637239

O galego, única lingua que perde falantes no Estado

Ana Pontón: “Esta situación non é o resultado dunha maldición bíblica, é a constatación dunha política errática de Feixóo, que non defende ningún tipo de bilingüismo cordial, porque o único que está a defender é unha política cara o monolingüísmo en castelán”

Ler novas