MUNICIPAL
images

Moción a respecto da legalidade urbanística

Corre entre a veciñanza a idea de que a legalidade urbanística está ameazada no noso concello. Son numerosas as denuncias e comentarios que chegan a este Grupo Municipal preocupándose por actuacións potencialmente contrarias a un urbanismo correcto e legal.

Hoxe é unha beirarrúa privada que ocupa parte do espazo municipal. Mañá, cementadas realizadas sen os correspondentes permisos municipais. Poden ser portóns ou accesos tal vez ilegais por exceder os metros autorizados nos permisos concedidos a aquela vivenda e que invaden o camiño ou vía de comunicación.

Tamén hai casos de licenzas cuxa concesión ten que ser retirada unha vez algún particular denuncia, alertando ao servizo de urbanismo dunha incorrección non detectada previamente.

E sobran os casos de obras que non amosan o pertinente cartel especificando a información legal obrigatoria, dificultando a posibilidade de control sobre as mesmas.

Durante moitos anos esta área contou con un arquitecto técnico, contratado a tempo parcial e de xeito posibelmente alegal, e un segundo profesional de igual categoría incorporado para un traballo ou obra específica. Rexeitado o arquitecto técnico contratado a tempo parcial, non se contratou a ninguén para ocupar tal posto.

Esta situación non é nova, senón que se vén repetindo desde hai demasiados anos. Xa en 2008 o BNG presentara unha moción para que se contratase un arquitecto a tempo total en dedicación exclusiva, que tería un dobre efecto sobre a xestión municipal do urbanismo. Por un lado axilizar e controlar adecuadamente as licenzas urbanísticas e por outro poder elaborar e dirixir os proxectos municipais sen custo adicional.  

Tamén en xaneiro de 2016 debateu o Pleno unha moción do Grupo Socialista que propoñía “a contratación dun Arquitecto Superior para que os servizos técnicos municipais presten asesoramento cualificado á Corporación Municipal, vele polo cumprimento do Plan Xeral, controle as licencias urbanísticas e disciplina urbanística”. A resposta do goberno foi afirmar “que dende que chegamos a nosa intención é a de contratar un arquitecto, … que é importante e que ademais estea a xornada completa para disposición dos veciños.”

A pesares de ser aprobada cos votos do BNG, o PSOE e NP e de figurar tanto nos orzamentos de 2016 como nos de 2018 unha praza de Técnico/a de urbanismo a incorporación non se levou a cabo.

Polo anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal da Pobra do Caramiñal a adopción dos seguintes ACORDOS

1. Cubrir de xeito inmediato a praza de Arquitecto Superior aprobada en xaneiro de 2016.

2. Asignar ao servizo de urbanismo os recursos necesarios para restaurar e manter a legalidade urbanística.

3. Arbitrar procedementos de control que vixíen o cumprimento da normativa urbanística.

 

Ler novas
Vídeo
16102018 07 BNG POBRA EMPREGO

16102018 07 BNG POBRA EMPREGO

A concelleira do BNG Cristina Andrade, destacou esta mañá que malia ter presentado distintas iniciativas para dinamizar o emprego, xerar postos de traballo, e fixar poboación, o goberno de Nos Pobra non tomou en conta nengunha.

Ler novas
2018092812194114709

O Pleno da Pobra do Caramiñal aproba unha moción apoiando aos 19 de Meirás

O BNG presentou onte, por vía de urxencia, unha moción ao pleno solicitando o apoio da corporación aos "19 de Meirás" que iniciaron hoxe as súas declaracións nos xulgados de Betanzos, tras a demanda criminal presentada pola familia do ditador e a Fundación Franco por realizar un “acto cívico, pacífico e democrático para reclamar que o Pazo de Meirás sexa devolto ao patrimonio galego”.

A moción foi aprobada polos votos a favor do BNG e NP, a abstención do PSOE e o voto en contra do PP

Ler novas
Vídeo
Axudas á escolarización 2018

Axudas á escolarización 2018

O BNG da Pobra critica o retraso na tramitación das axudas á escolarización, e o curto prazo dado as familias para presentar as solicitudes, por todo elo levarán unha batería de preguntas ao próximo Pleno, para aclarar que foi o que aconteceu.

Ler novas
images

Axudas (?) á escolarización

Ramiro Ouviña Ouviña, concelleiro e portavoz  do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego-AA neste concello rexistrou unha pregunta a respecto do retraso na convocatoria de axudas á escolarización por parte do goberno de Nós Pobra, de xeito que a inoperancia do goberno municipal xa impediu que as axudas cheguen ás familias cando as precisan, nos primeiros días de setembro. 

Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra propón á corporación

O BNG da Pobra propón á corporación

Trala posta en liberdade dos cinco membros de “A Manada” e condeados a 9 anos de cadea por ter abusado sexualmente dunha moza de 18 anos durante os Sanfermíns de 2016, o grupo de BNG considera que debería darse un paso dende os concellos e amosar o apoio a vítima e o rexeitamento de estes feitos.
Ler novas
Vídeo
O BNG demanda a reversión das zonas portuarias que non se dediquen a usos profesionais

O BNG demanda a reversión das zonas portuarias que non se dediquen a usos profesionais

O BNG do Barbanza demanda a reversión dos terreos portuarios que non se destinan a usos profesionais. Pretende así que as zonas integradas no espazo urbano non estean suxeitas ó pago de taxas que consideran abusivas. O BNG demanda que espazos como paseos, alamedas e aparcadoiros en terreos portuarios non destinados a usos profesionais pasen a ser de titularidade municipal posto que se atopan integrados na dinámica urbana dos distintos municipios. Ademais da reversión destas zonas, os nacionalistas amosan a súa preocupación ante as numerosas deficiencias que presentan os portos da comarca.

Ler novas