MUNICIPAL
Vídeo
Solicitude pola protección da praia da Corna

Solicitude pola protección da praia da Corna

Os nacionalistas xa realizaran unha petición similar a través dunha moción no pleno de xuño de 2016, moción que foi aprobada e na que se instaba ao concello a iniciar o procedemento de declaración como protexido do ecosistema da Corna.

Ler novas
Vídeo
Mellora da seguridade do Parque infantil da rúa Venecia

Mellora da seguridade do Parque infantil da rúa Venecia

A concelleira do BNG, Cristina Andrade desprazouse ata ao parque infantil da rúa Venecia acompañada do concelleiro Ramiro Ouviña para dar conta das carencias en materia de seguridade que presenta este parque infantil, incumprindo a norma de seguridade de parques infantís de Galicia.

Ler novas
Vídeo
20062018 06 BNG POBRA

20062018 06 BNG POBRA

Segundo explicou o concelleiro Manel Casal, o Museo Valle-Inclán , pese a ser unha das poucas instalacións museísticas das que dispón este concello, chegando a ter unha media de 11.000 visitantes por ano, conta con moitas deficiencias que impiden unha atención adecuada.

Ler novas
Vídeo
O BNG da Pobra demanda medidas de seguridade no parque de Venecia

O BNG da Pobra demanda medidas de seguridade no parque de Venecia

O BNG da Pobra demanda máis medidas de seguridade no parque infantil de Venecia. Ademais do balado da zona de xogos piden que se retiren os bordos de formigón que poden supoñer un risco para os pequenos. Os nacionalistas fixéronse eco das queixas dalgúns pais a través da moción que veñen de presentar. Demandan máis seguridade no parque de Venecia con medidas como, por exemplo, o peche perimetral da zona de xogos por atoparse moi próximo á calzada. Solicitan tamén que se eliminen os bordillos de formigón que rodean o parque por supoñer un risco para os nenos, ademais de limitar o espazo destinado ó xogo.

Ler novas
Vídeo
O BNG demanda a ampliación do horario do museo Valle-Inclán

O BNG demanda a ampliación do horario do museo Valle-Inclán

O BNG da Pobra demanda a ampliación do horario de apertura do Museo Valle-Inclán. Ante a polémica xurdida en relación cos peches, os nacionalistas esixen que se resolva o proceso de contratación de persoal técnico para garantir o servizo no museo. A polémica saltaba a principios desta semana a raíz dos cambios no cartel dos horarios do museo nos que podía interpretarse que pecharía pola tarde durante todo o verán. Aínda que dende o executivo xa procederon a subsanar o presunto erro, os nacionalistas denuncian as deficiencias na atención ó público, cun horario de apertura limitada e sen unha web actualizada que permita acceder á información do centro e os seus fondos.Dende o BNG entenden que esta situación é froito da falta de persoal posto que segue paralizado o proceso de contratación dun técnico para o museo, iniciado hai máis dun ano.

Ler novas
Vídeo
O BNG pide destinar parte do remanente de 2017 a melloras na Ribeiriña 140618

O BNG pide destinar parte do remanente de 2017 a melloras na Ribeiriña 140618

Para os nacionalistas existe unha débeda histórica con esta zona amplamente degradada. O BNG trasladaralle no próximo pleno ó executivo de Nós Pobra a posibilidade de investir parte dos máis de 720 mil euros correspondentes ó remanente de tesourería de 2017 a diversas actuacións na Ribeiriña e no Conchido. Para os nacionalistas trátase dunha zona dende sempre esquecida polos distintos gobernos municipais. Segundo eles outras actuacións que poderian ir con cargo a este remanente de tesourería serían a construción dun parque infantil cuberto, a creación dun punto de encontro familiar, o acondicionamento da pista deportiva da antiga escola da Ponte Barbanza ou o arranxo do Polideportivo de Venecia. Suxerencias moitas delas que xa foran levadas a pleno polos nacionalistas e que, a pesar de seren aprobadas por unanimidade, aínda non foron executadas.

Ler novas